miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Tadjiikistán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Tadjiikistán ratificou a convención o 28 de agosto de 1992, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Tadjiikistán Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Sarazm200px|Provincia de Sogdiana 2010 1141rev; II, III (cultural)02Parque Nacional do Pamir200px|Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso 2013 1252rev; VII, VIII (natural)03Rutas da seda: corredor de Zarafshan-Karakum200px|Compartido con e 2023 1675; II, III, V (cultural)04Bosques de Tugay da Reserva Natural de Tigrovaya Balka200px|Rexión de Khatlon 2023 1685; IX (natural)05Patrimonio Cultural de Antigo Khuttal200px|Rexión de Khatlon 2025 1627; II, III (cultural)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país