Heinz Tursky, nado o 14 de decembro de 1941 e finado o 16 de abril de 2023, foi un numismático austríaco especializado na moeda do Tirol.
Traxectoria
Formación e carreira docente Heinz Tursky foi o primeiro dos tres fillos de de Walter e Anna Tursky."In memoriam Heinz Tursky". Moneytrend.at Cursou a súa primeira educación en Kufstein. Aos seus 10 anos iniciouse na numismática como coleccionista afeccionado.Kampmann, U. (2023).
Posteriormente estudou Química en Innsbruck. En 1969 aprobou as oposicións para o ensino secundario nesa especialidade, que exerceu no Bundes-Oberstufen realgymnasium de Innsbruck e, durante 24 anos, na Academia Pedagóxica Federal.
Carreira numismática En paralelo á súa carreira docente foi cultivando os seus coñecementos numismáticos. En 1966 ingresou na Sociedade Numismática Austríaca, e dous anos máis tarde foi un dos membros do grupo fundador da Sociedade Numismática Tirolesa, na que ocupou os cargos de secretario, presidente e finalmente presidente honorario, ademais de ser o editor da súa publicación Haller Münzblätter.
Un dos focos dos estudos de Tursky foi a actividade da importante Casa da Moeda de Hall, no Tirol, nos inicios da Idade Moderna, asunto sobre o que publicou un traballo monográfico en dous volumes, ademais doutros sobre aspectos parciais desta ceca.
Ademais da súa dedicación académica, Tursky abordou tamén a numismática desde a perspectiva comercial, cando en 1990 se iniciou como vendedor numismático e só un ano máis tarde ingresou na Asociación de Comerciantes de Moedas Austríacos. En 1998 retirouse do ensino da Química para se dedicar a tempo completo á actividade numismática.
Heinz Tursky finou o 16 de abril de 2023.
Recoñecementos
Medalla de honra da cidade de Hall in Tirol. 2012: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Die Eckhel Medaille ". Österreichische Numismatische Gesellschaft."Auszeichnungen am laufenden Band für Magister Heinz Tursky". En Münzen Woche. 31 de outubro de 2012.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados ao longo da traxectoria de Heinz Tursky:"Tursky, Heinz". WorldCat.org
(1977). Die Münzstätte Hall in Tirol 1477-1665 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck. (1981). Die Münzstätte Hall in Tirol 1665-1809 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck. (1985). Tiroler Münzbuch. Die Geschichte des Geldes aus den Prägestätten des alttirolischen Raumes (con H. Moser e H. Rizzsolli). Haymon, Innsbruck. ISBN 9783852180106 (1986). Die Münzen Kaiser Rudolfs II. aus der Münzstätte Hall in Tirol: 1602-1612 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck. (1986). Corpus Nummorum Tirolensium : Die Münzen Kaiser Rudolfs II aus der Münzstätte Hall in Tirol 1602-1612 (con H. Moser). Eberhard, Innsbruck.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Kampmann, U. (2023). "Heinz Tursky (1941-2023)". En Coins Weekly. 27 de abril de 2023.
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Personalidades sen imaxes