miniatura|dereita|Arcade Fire miniatura|dereita|The Postal Service miniatura|dereita|Moonlander, Lee Ranaldo, Sonic Youth & Moodswinger, Liars O rock alternativo (tamén chamado música alternativa ou sinxelamente alternativo) é un xénero do rock que apareceu nos anos 80 e fíxose moi popular na década dos 90.

O nome "alternativo" foi usado nos 80 para describir a bandas de punk rock de selos discográficos independentes que non encaixaban dentro dos xéneros do mainstream da época.

Como un xénero específico de música, o rock alternativo está formado por varios subxéneros que emerxeron dende a escena musical indie dende os anos 80, así como grunge, indie rock, britpop, rock gótico e indie pop tamén son considerados rock alternativo.

A pesar de que o xénero é considerado de rock, algúns dos seus subxéneros están influenciados pola música folk, o reggae, a música electrónica ou o jazz á parte doutros xéneros. Ás veces o termo rock alternativo foi usado como unha etiqueta para designar ao rock de todos os artistas underground dos anos 80, a todos os descendentes do punk rock (incluíndo ao punk mesmo, ao New Wave e ao post-punk), e, ironicamente, a toda a música rock en xeral dos anos 90 e 2000.

Mentres que un feixe de artistas coma R.E.M. e The Cure acadaron o éxito comercial, a meirande parte dos artistas de rock alternativo dos 80 foron obxecto de culto, eran bandas que gravaban con selos independentes e eran coñecidos só a través dos programas das college radios ou polo "boca a boca". Coa irrupción de Nirvana e coa popularidade dos movementos grunge e britpop a principios dos 90, o rock alternativo entrou no mainstream, e moitas bandas alternativas conseguirían acadar un certo éxito comercial.

O termo "rock alternativo" A música agora coñecida como rock alternativo tivo varias denominacións antes de que o termo "alternativo" se convertese no seu nome máis común. "College rock" foi usado nos Estados Unidos para describir a música durante os anos 80 debido á súa relación co circuíto de radios universitarias e ao gusto dos estudantes. No Reino Unido preferíase o termo "indie"; ao redor de 1985 o termo "indie" viña a significar un xénero particular, ou un grupo de subxéneros. "Indie rock" foi tamén sinónimo nos Estados Unidos ata a ruptura comercial do xénero a principios dos 90, debido a que a maioría das bandas pertencían a selos independentes.

Nos 90 esta música foi nomeada "rock alternativo". O termo "alternativo" orixinouse nalgún momento a mediados dos 80; foi unha extensión de "new music" e "post modern", tanto pola frescura da música como pola súa tendencia a recontextualizar os sons do pasado.

Características O nome "rock alterativo" esencialmente serve de paraugas para a música underground aparecida á estela do punk rock dende mediados dos anos 80. Na meirande parte da súa historia foi principalmente definido polo seu rexeitamento ao mercantilismo da cultura establecida, aínda que esta definición comezou a ser contestada cando algúns dos grandes artistas do xénero acadaron o éxito entre o gran público e asinaron con grandes discográficas na década dos 90 (e sobre todo a partir do novo milenio).

As bandas alternativas durante os anos 80 normalmente tocaban en pequenos clubs, gravaban para selos independentes, e estendían a súa popularidade a través do boca a boca. Polo tanto, non hai un estilo musical para o rock alternativo como conxunto, aínda que The New York Times en 1989 afirmou que o xénero centrábase na música de guitarras tocando power chords, riffs repicantes, distorsión fuzz e berros con feedback. Os seus sons van dende os sombríos paisaxes sonoros do rock gótico ata as guitarras tintinantes do indie pop, pasando polas guitarras sucias do grunge ou o revivalismo da música dos 60 e 70 do britpop.

Máis a miúdo que noutros estilos dende a popularización da música rock durante os 70, as letras do rock alternativo tenden a tratar temas de interese social, como o uso de drogas, a depresión, o suicidio, ou o medio ambiente. Esta aproximación ás letras desenvolveuse como un reflexo das tensións sociais e económicas nos Estados Unidos e no Reino Unido nos anos 80 e comezos dos 90.

Historia Anos 80 Cara 1984 a meirande parte dos grupos con contratos en selos independentes tiñan unha variedade de influencias, sobre todo do rock dos anos 60. Isto significaba unha brusca ruptura cos futuristas e hiper-racionais anos do post-punk.Reynolds, p. 392–93.

Ao longo dos 80 o rock alternativo foi principalmente un fenómeno underground. Aínda que en ocasións unha canción se convertía nun éxito comercial, ou algúns álbums recibían eloxios da crítica en publicacións destinadas ao gran público, o rock alternativo desta década quedou relegado aos selos independentes, as fanzines e ás emisoras de radio universitarias.

As bandas alternativas construíron os seus grupos de seareiros xirando constantemente e editando regularmente álbums de baixo presuposto. No caso dos Estados Unidos, formábanse banda na estela de grupos anteriores, que creaban un extenso circuíto underground no país, cheo de diferentes escenas en varias partes do seu territorio. Aínda que os artistas alternativos estadounidenses dos 80 nunca xeraron unhas vendas de discos espectaculares, exerceron unha considerable influencia a músicos posteriores e sentaron as bases para o seu éxito.Azerrad (2001), p. 3-5. Cara 1989 o xénero fixérase o suficientemente popular como para que New Order, Public Image Limited e The Sugarcubes decidisen realizar unha xira conxunta polos Estados Unidos.

A diferenza dos Estados Unidos, os grupos de rock alternativo do Reino Unido distinguíanse por un enfoque máis orientado ao pop e unha énfase nas letras sobre temas especificamente británico. Como resultado, poucas bandas deste país chegaron a ter éxito comercial nos Estados Unidos. Dende a década dos 80 o rock alternativo foi pinchado extensamente na radio británica, particularmente por presentadores como John Peel (que defendeu a música alternativa na BBC Radio 1), Richard Skinner e Annie Nightingale. Os artistas que tiñan un status de culto nos Estados Unidos apareceron acotío na radio nacional británica e na prensa musical semanal, e moitas bandas alternativas tiveron éxito nas listas do país.Charlton, p. 349.

Underground estadounidense nos 80 miniatura|250px|R.E.M. As primeiras bandas alternativas estadounidenses como R.E.M., The Feelies e Violent Femmes combinaban influencias punk con música folk e influencias da música máis comercial. R.E.M. foi a que tivo un éxito máis inmediato; o seu álbum de estrea, Murmur (1983), entrou no top 40 e creou un bo número de seareiros do jangle pop. Unha das moitas escenas de jangle pop de principios dos 80, o Paisley Underground dos Ánxeles reviviu os sons dos 60, incorporando psicodelia, ricas harmonías vocais e a interacción da guitarra do folk rock, ademais de influencias punk e underground como The Velvet Underground.

Os selos independentes estadounidenses SST Records, Twin/Tone Records, Touch and Go Records e Dischord Records presidiron o cambio dende o hardcore punk, que entón dominaba a escena underground do país, cara estilos máis diversos do rock alternativo que estaba aparecendo.Reynolds, p. 390. As bandas de Minneapolis Hüsker Dü e The Replacements foron indicativos deste cambio. Ámbalas dúas iniciáronse como bandas de punk rock, pero ao pouco tempo diversificaron os seus sons e fixéronse máis melódicas. Michael Azerrad afirmou que Hüsker Dü foi o vínculo clave entre o hardcore punk e o máis melódico e diverso college rock que estaba aparecendo. Azerrad escribiu, "Hüsker Dü xogou un importante papel convencendo ao underground de que a melodía e o punk rock no eran antitéticos". A banda tamén deu exemplo ao ser o primeiro grupo da escena indie estadounidense en asinar cun gran selo, o que axudou a establecer o college rock como "unha empresa viable comercialmente".Azerrad (2001), p. 159. Ao centrarse nunhas composicións máis sentidas e en xogos de palabras en vez de en temas políticos, The Replacements déronlle a volta a un bo número de convencións da escena underground; Azerrad destacou que "xunto con R.E.M. [The Replacements] foi unha das poucas bandas underground que lle gustaba ao gran público".Azerrad (2001), p. 196.

Cara finais dos 80 a escena alternativa estadounidense estaba dominada por estilos que ían dende o pop aternativo extravagante (They Might Be Giants e Camper Van Beethoven), ata o noise rock (Sonic Youth, Big Black, The Jesus Lizard) e o rock industrial (Ministry, Nine Inch Nails). Eses sons foron á súa vez seguidos pola chegada dos Pixies dende Boston e de Jane's Addiction dende Os Ánxeles. Polo mesmo tempo, o subxénero grunge apareceu en Seattle, Washington. O grunge estaba baseado nun son de guitarra lento e turbio que sintetizaba o heavy metal e o punk rock. Baseado en gran parte ao redor do selo independente de Seattle Sub Pop, as bandas de grunge destacaron pola súa "moda de tendas de segunda man", que popularizaron as camisas de flanela e as botas militares usadas para adaptarse á meteoroloxía local. Os primeiros grupos de grunge Soundgarden e Mudhoney foron aclamados pola crítica dos Estados Unidos e do Reino Unido, respectivamente.

Cara finais da década, un bo número de bandas alternativas comezaron a asinar con grandes discográficas. Mentres que os primeiros contratos de Hüsker Dü e The Replacements tiveron pouco éxito, artistas que asinaron á súa estela, como R.E.M. e Jane's Addiction, conseguiron discos de ouro e platino, preparando á escena para o seu posterior estoupido.Azerrad (1994), p. 160.Azerrad (1994), p. 4. Algúns grupos como Pixies tiveron un grande éxito no estranxeiro mentres que foron ignorados no seu país.

Na metade da década o álbum de Husker Du Zen Arcade influenciou a outros artistas de hardcore ao abordar temas persoais. Da escena hardcore de Washington, D.C. emerxeu o que foi chamado "emocore" ou "emo", e que destacou polas súas letras que afondaban dun xeito emocional temas moi persoais. Rites of Spring foi descrita como a primeira banda "emo". Ian MacKaye, o antigo cantante de Minor Threat, fundou Dischord Records, que se converteu no centro da escena emo da cidade.

Xéneros e tendencias británicas dos 80 miniatura|250px|Robert Smith, líder de The Cure O rock gótico desenvolveuse a partir do post-punk británico de finais dos 70. Cunha reputación como "a forma máis escura e triste do rock underground", o rock gótico utiliza un son baseado en sintetizadores e guitarras debuxado dende o post-punk para construír "tristes e a miúdo épicas paisaxes sonoras", cunhas letras que adoitan falar de romanticismo literario, morbosidade, simbolismo relixioso, e misticismo sobrenatural. As bandas deste xénero inspiráronse nos artistas británicos de post-punk de finais dos 70 Joy Division e Siouxsie and the Banshees.Reynolds, p. 352. O sinxelo de estrea de Bauhaus, "Bela Lugosi's Dead", publicado en 1979, é considerado o inicio mesmo do xénero do rock gótico.Reynolds, p. 359. Os "opresivamente desanimados" álbums de The Cure Seventeen Seconds (1980), Faith (1981), Pornography (1982) e Disintegration (1989) cementaron o estilo do grupo e as bases sobre as que se asentaría o xénero.Reynolds, p. 357–58.