Efigenia Maseda Paz, nada en Alfoz cara a 1964, é unha profesora e política galega.

Traxectoria Foi traballadora do Concello de Alfoz, exercendo como educadora familiar, administrativa e animadora sociocultural. Xestionou a organización e coordinación do Mercado Medieval entre 2007 e 2009, evento co que continuou colaborando ata 2018. Traballou como docente en academias de Lugo na década dos anos noventa, e actualmente é profesora de Latín no IES Perdouro de Burela.

Foi fundadora e presidenta da candidatura Veciños Independentes de Alfoz (VIA) en 2015. En 2021 foi concelleira de Alfoz e portavoz de VIA logo da dimisión dos concelleiros Xabier Pardiñas e Carmen Geada. En abril de 2023 foi elixida cabeza de lista de VIA para as eleccións municipais de 2023. Foi elixida alcaldesa de Alfoz en xuño de 2023 grazas a un pacto co PSdeG-PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Alfoz do Castrodouro

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alcaldes de Alfoz do Castrodouro Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Alfoz do Castrodouro Categoría:Nados en 1964