Ajoomma (en ; en ) é un filme singapuriano-surcoreano de 2022 dirixido por He Shuming e coproducido por Anthony Chen. Está protagonizado por Hong Hui Fang, Kang Hyung-seok e Jung Dong-hwan. O filme conseguiu catro nomeamentos no Golden Horse Film Festival e Hong converteuse na primeira singapuriana en ser nomeada ao premio á mellor actriz. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Busan o 7 de outubro de 2022 e estreouse nos cinemas locais o 27 de outubro de 2022. Foi escollido como candidato de Singapur para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Hong Hui Fang como tía Kang Hyung-seok como Kwon-Woo Jung Dong-hwan como Jung Su Yeo Jin-goo como Jae Sung Shane Pow como Sam

Produción O filme presentouse como a primeira coprodución oficial de Singapur e Corea do Sur. A rodaxe foi interrompida pola pandemia de COVID-19. Foi rodado principalmente en Corea do Sur entre decembro de 2021 e febreiro de 2022. A rodaxe rematou a comezos de abril de 2022.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Singapur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Singapur Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes rodados en Corea do Sur Categoría:Filmes ambientados en Corea do Sur