Araceli Gestido Rodríguez, nada na Ameixoada (Moaña) o 14 de xullo de 1978, é unha política galega do BNG, actual alcaldesa do Concello de Cangas de Morrazo.

Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas. Emigrou ao Reino Unido onde sacou o carné profesional de autobuses. Traballa nunha empresa de transporte como responsable de calidade e atención ao cliente. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Moaña polo BNG e foi delegada de Benestar Social no goberno presidido por Leticia Santos Paz, pero dimitiu en 2016. Vive en Cangas dende o 2016. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG e foi elixida alcaldesa de Cangas grazas ao apoio de PSOE, Esquerda Unida e Alternativa dos Veciños.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cangas de Morrazo

Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes