José Luis González López, nado en Amoeiro, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Concelleiro do PSdeG-PSOE en Amoeiro dende 2015. En abril de 2019 foi elixido alcalde trala dimisión de Rafael Rodríguez Villarino. Nas eleccións municipais de 2019, no mes de maio, foi o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Amoeiro e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi novamente elixido alcalde con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Amoeiro Ligazóns externas José Luis González, alcalde de Amoeiro: “Houbo un incrible bum da natalidade”

Categoría:Alcaldes de Amoeiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Nados no século XX