Juan Tizón Herreros, nado na Coruña no 23 de xaneiro do 1895 e finado no Porto no 25 de decembro do 1945, foi un escritor e político galego, exiliado durante a guerra civil española
Traxectoria Traballador do ferrocarril, militou no PSOE e na UXT como dirixente da agrupación socialista local da Coruña. Trasladouse a Monforte de Lemos por mor do seu traballo e foi elixido secretario local do Sindicato Nacional Ferroviario da UXT."Trozos de historia ferroviaria" La Voz de Galicia.El Orzán, ano XIV, número 3938, 9 de xuño do 1931, páxina 4. BVPH Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Monforte polo PSOE, e dous días máis tarde presentouse no concello co resto dos concelleiros republicanos electos e foi nomeado alcalde provisional."El 14 de abril en Monforte", La Voz de Galicia, Monforte, 28-10-2006, p. l5. Saíu elixido deputado do PSOE ás Cortes nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Lugo, mais por irregularidades na provincia repetíronse as eleccións e perdeu a acta. Detido durante a revolución de 1934 pasou algún tempo en prisión.Noticia na portada do semanario "El Combate" 30 de setembro do 1934El Día de Alicante, ano XX, número 5720, 26 de setembro de 1934, páxina 1. BVPH Alcalde de Monforte de Lemos do 18 de marzo ao 20 de xullo de 1936, intentou organizar a resistencia local á sublevación do exército formando unha milicia local e incautando armas pero tras declararse o estado de guerra e a ocupación das rúas da cidade pola Garda Civil tivo que fuxir co primeiro tenente de alcalde Miguel Chapel Salgueiro.
No inverno de 1939 pasou a Portugal por Celanova e foi trasladado a un refuxio seguro en Porto polo avogado Antonio Ribeiro da Silva, de Viana do Castelo. En Porto estivo en casas da amigos, entre eles Mário Soares ou Luís Alves Carvalho e Herculana de Carvalho, onde recibiu unha nova identidade, Luís Ferreira. Residiu na avenida de Boavista, nunha casa de hóspedes rexentada por Teresa Brandao. En 1942 aparece na listaxe de pasaxeiros do vapor Nyassa, na expedición organizada pola Junta de Ayudas a los Refugiados Españoles (JARE) e a embaixada de México en Portugal, pero non conseguiu saír. Viaxou por cidades de Portugal, desde onde enviou cartas e tarxetas postais á familia coa identidade falsa de Herminia, e escribiu poesías, novelas e contos.Casas refuxio no Porto Durante a súa estancia en Portugal traballou para os servizos secretos ingleses."Más luz sobre la vida de Juan Tizón" La Voz de Galicia. Coa saúde quebrada polos anos de persecución e clandestinidade en Galiza morreu no Porto o 25 de decembro de 1945 e foi soterrado no panteón da familia Alves de Carvalho, na freguesía de Bonfim.
En Monforte deuse por morto durante toda a época franquista, logo de que se disparase sobre unha placa dunha fonte por el inaugurada.
Obras Como escritor publicou en castelán o libro de relatos Espiando al diablo en 1925El Orzán, número 2291, 26 de setembro do 1925, páxina 2. BVPH e escribiu entre 1937 e 1938 o poema satírico en galego Seis cregos escollidos (Versos divinos), publicado postumamente no ano 2000 por Xesús Alonso Montero."Xesús Alonso Montero editará en mayo la obra inédita de Juan Tizón Herreros" La Voz de Galicia.
No 2010 a Fundación Luis Tilve recompilou e publicou toda a súa obra inédita, baixo o título: Juan Tizón Herreros. El pensamiento hecho palabra. Neste libro recóllense dúas obras de teatro de carácter social (Casta Maldita e Civilización), dous relatos (El cristo del hallazgo e Persecución, este último recopilado polo seu xenro Raúl Solleiro Mella, no que se recollen as experiencias da súa fuga tralo alzamento militar), diversos artigos, e unha extensa biografía feita pola historiadora Rosa María López González.El pensamiento hecho palabra. Juan Tizón Herreros. Fundación Luis Tilve, Ed. ISBN 978-84-95773-17-3
Notas
Véxase tamén Bibliografía Claridade Fundación Luís Tilve, setembro de 2007. Especial homenaxe.
Ligazóns externas Alcaldes de Monforte.
Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Portugal Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1945