O Pemberton-Billing P.B.1, tamén coñecido como o Supermarine, foi un hidroavión británico monopraza dos anos 1910 construído por Pemberton-Billing Limited, que despois se convertería en Supermarine Aviation Works. Só chegou a fabricarse un P.B.1 e non chegou a voar unha distancia máis grande que un salto.
Deseño e desenvolvemento O P.B.1 era un biplano monopraza con cabina aberta impulsado por un motor rotativo Gnome de 50 cabalos (36 kW) que movía unha hélice de tres pas en posición "pusher"."The Olympia Exhibition: The Supermarine P.B.1 (Pemberton Billing). (49.)". Flight. 21 de marzo de 1914. p. 301. O motor estaba montado nunha góndola entre a á superior e a fuselaxe. Tiña un casco dun só chanzo deseñado polo arquitecto naval Linton Hope, cunha pel de abeto sobre unha estrutura de caoba e cuberto por tecido impermeable. Tiña ás de dous vans construídas en abeto e freixo, con aleróns na á superior e flotadores baixo as puntas da inferior. O piloto sentábase nunha cabina detrar* do bordo de saída da á.London 2003, p. 8Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, pp. 7-8
Descrito como "un barco que voará, [en lugar de] un avión que flotará", só chegou a construírse un P.B.1. O aparello foi exposto no Olympia Aero Show en marzo de 1914 e no mes seguinte foi reconstruído, movendo a cabina cara a adiante e colocando o motor sobre a fuselaxe. Tras as modificacións, o P.B.1 comezou a probarse, pero non foi capaz de voar durante as probas en Southampton Water o 30 de maio de 1914.Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, p. 9 Noel Pemberton Billing, o xefe de Pemberton-Billing Limited e deseñador do aparello afirmou que o avión fixera un pequeno salto en xuño, pero outras fontes din que o PB.1 nunca chegou a voar.London 2003, pp. 8-9Andrews e Morgan 1987, p. 15
Tras a conclusión do intento de proba en voo, o P.B.1 foi desmantelado o 28 de xullo de 1914, sendo o seu motor usado no avión de exploración Pemberton-Billing P.B.9.Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, p. 10
Especificacións
Características xerais
Tripulación: 1 Envergadura: 9, 15 m Superficie alar: 27,2 m2 Peso baleiro: 340 kg Peso bruto: 440 kg Motor: 1 × Gnome, 50 hp (37 kW)
Notas
Bibliografía
Categoría:Aeronaves de Supermarine Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1914