Fernando Tejero, nado o 24 de febreiro de 1967 en Córdoba, é un actor español. É coñecido polo seu papel na existosa comedia Aquí no hay quien viva, emitida por Antena 3 entre 2003 e 2006, e que o converteu nun dos actores de moda en España.
Traxectoria Nado en Córdoba, onde transcorreu a súa infancia e adolescencia, decidiu deixar atrás o seu traballo na peixaría que rexentaba a súa familia para trasladarse a Madrid e probar sorte no mundo da interpretación. Matriculouse na Escola de Cristina Rota, entrando en contacto co seu amigo, o actor Alberto San Juan e coa compañía teatral deste, Animalario, da que tamén formaban parte outros actores coma Ernesto Alterio, Andrés Lima e Guillermo Toledo.
David Serrano, tamén próximo a este grupo, ofrececeu a Fernando Tejero a oportunidade da súa vida na película Días de fútbol (2003), coa que acadou Premio Goya ó Mellor actor revelación.
Ese mesmo ano Elena Arnao selecciónao para formar parte de Aquí no hay quien viva, onde deu vida ó porteiro Emilio Delgado durante arredor de tres anos, acadando a través deste personaxe unha fama espectacular.
Grazas a esta popularidade, Tejero accedeu a papeis protagonistas en películas como El penalti más largo del mundo de (Roberto Santiago, 2005) ou Nadie es perfecto de (Joaquín Oristrell, 2005).
Filmografía Días de cine (2007), de David Serrano. El club de los suicidas, (Roberto Santiago, 2006). Va a ser que nadie es perfecto (Joaquín Oristrell, 2006 ) Volando voy (Miguel Albaladejo, 2005) La Carmen (2005), de Alfredo López. El penalti más largo del mundo (Roberto Santiago, 2005). Crimen ferpecto (Álex de la Iglesia, 2004) Cachorro (Miguel Albaladejo, 2004) Torremolinos 73 (Pablo Berger, 2003) Os luns ó sol (Fernando León de Aranoa, 2002) Noche de reyes (2001),de Miguel Bardem. La mujer de mi vida (2001), de Antonio del Real. Sobreviviré (1999), de Alfonso Albacete e David Menkes.
Televisión Policías, en el corazón de la calle (2001). Personaxe episódico. Antena 3. Periodistas (2002). Personaxe episódico. Telecinco. Compañeros (2002). Personaxe episódico. Antena 3. Aquí no hay quien viva (2003-2006). Personaxe fixo: Emilio Delgado. Antena 3.
Premios Premios Goya Mellor actor revelación (2003) Unión de Actores Mellor actor de televisión (2004) Candidato ó premio mellor actor secundario de cine (2004) Candidato ó premio de mellor actor revelación (2004) Fotogramas de Plata Mellor actor de televisión (2005) Candidatura ó premio de mellor actor de televisión (2004) Academia da Televisión Española Candidato ó premio de mellor actor (2003) Candidato ó premio de mellor actor (2004) TP Mellor actor de televisión (2004)
Categoría:Actores de Andalucía Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Córdoba