Eduardo Dieste Gonçalves, nado en Rocha (Uruguai) o 14 de novembro de 1882 e finado en Santiago de Chile o 2 de setembro de 1954, foi un escritor e diplomático galego de nacionalidade uruguaia, irmán de Rafael Dieste.

Traxectoria Foi o terceiro fillo, de sete, do galego Eladio Dieste Muriel e a uruguaia Olegaria Gonçalves Silveira, descendente de portugueses establecidos no Brasil. Entre 1888 e 1893 residiu coa súa familia en Pontevedra, e despois establecéronse en Rianxo. Estudou no seminario de Santiago de Compostela pero non chegou a ordenarse. Despois estudou filosofía e letras. Colaborou co seu amigo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en El Barbero Municipal.

En 1911 volveu para o Uruguai para evitar ter que ir á guerra do Rif. Alí foi animador do grupo poético Teseo.

En 1927 foi nomeado cónsul xeral do Uruguai en Londres, cargo que ocupou até 1931. Nese ano foi destinado a España exercendo como cónsul de Bilbao, Cádiz e Madrid, onde fundou a revista P.A.N. (poetas, andantes e navegantes), mais renunciou ao cargo en desacordo coa decisión do goberno uruguaio de romper as relacións diplomáticas coa república. Despois foi cónsul de San Francisco (1943-1952), Nova York (1952-1953) e Santiago de Chile (1953-1954).

Empregou o pseudónimo de Dr. Sintax.

Obras miniatura|El viejo, 1920. Leyendas de la música (Madrid, 1911).Leyendas de la música Buscón Poeta. Teorías disparatadas y cuentos de burlas (Montevideo, 1913?) Los místicos (Montevideo, 1915). Los comerciantes del siglo XX (Barcelona, 1912). El viejo (Montevideo, 1920).El viejo en Internet Archive. Teseo, discusion estética y ejemplos (Montevideo, 1925).Teseo, discusion estética y ejemplos Teseo, crítica literaria (Montevideo, 1930).Teseo, crítica literaria Buscón poeta y su teatro (Madrid, 1933). Teseo, los problemas literarios (Montevideo, 1938).Teseo, los problemas literarios Teseo, los problemas del arte (Buenos Aires, 1940).Teseo, los problemas del arte, 1940 21 sonetos de Shakespeare (Montevideo, 1944). Teseo, los problemas del arte (Montevideo, 1964).Teseo, los problemas del arte, 1964 Obra selecta (Barcelona, 1987).Obra selecta As obras deste autor están no dominio público no Uruguai, xa que morreu hai máis de 50 anos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Carlos (1964). Antología del ensayo uruguayo contemporáneo, v. 1. Montevideo. Universidade da República.

Outros artigos P.A.N. Ligazóns externas Biblioteca digital de autores uruguayos .

Categoría:Uruguaios de ascendencia galega Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Diplomáticos Categoría:Relacións internacionais do Uruguai Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Críticos da arte Categoría:Críticos literarios do Uruguai Categoría:Dramaturgos do Uruguai Categoría:Nados no Uruguai