A central hidroeléctrica Ralco é unha central xeradora de electricidade por enerxía hidráulica. Atópase na comuna de Alto Biobío, a 120 km ao leste da cidade de Los Ángeles, na Rexión de Biobío. É de tipo hidráulica de encoro e utiliza a forza do río Biobío mediante un encoro artificial. Foi posta en servizo en 2004, logo de 6 anos de construción, e despois de case unha década de conflitos sociais coa poboación pehuenche que habitaba a zona. Actualmente posúe unha potencia de 690 MW, o que a converte na principal central eléctrica do país. É operada por Enel Generación Chile.
Historia A comezos da década do 90, a empresa chilena Enel Generación Chile, subsidiaria da empresa española Endesa, planea iniciar un gran proxecto para abastecer a subministración eléctrica do país. O potencial hidroeléctrico da conca do río Biobío xa fora estudado, na década dos 60, pola mesma entidade cando esta era pública.
O 22 de maio de 1990, o Ministerio de Economía autorizou a construción da central hidroeléctrica Pangue, primeira etapa dun gran plan cuxo obxectivo era erixir seis centrais na conca do río Biobío.
Conflito coa comunidade pehuenche Entre os medioambientalistas e os voceiros de comunidades pehuenches xurdiu unha oposición ao proxecto, criticando a alteración das formas de vida e polo dano ambiental que sufriría a conca do río. O conflito chegou aos tribunais de xustiza onde finalmente, en 1993, a Corte Suprema acolleu a apelación interposta pola empresa Pangue S.A. permitindo a construción da central.
En 1997 o proxecto puido contar coa aprobación da CONAMA, logo da análise do Estudo de Impacto Ambiental (EIA), sendo a primeira obra deste tipo en someterse a este exame. Ao mesmo tempo a entidade sinalou que, por aplicación da lei indíxena (N° 19253), a relocalización da poboación só podería levarse a cabo co consentimento dos afectados, sendo a través da permuta por outro predio que satisfaga ao indíxena afectado e coa autorización da Corporación Nacional de Desenvolvemento Indíxena (CONADI). A gran parte aceptou a permuta de terras ofrecida por Endesa. Porén, houbo familias que se opuxeron fortemente a saír das súas terras en lembranza dos seus devanceiros e dos dereitos ancestrais que posuían sobre elas.
O 10 de decembro de 2002, a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) recibiu unha petición presentada por avogados representantes da Universidade Arcis, o Center for International Environmental Law (CIEL) e de cinco pehuenches directamente afectadas (entre elas as irmás Berta e Nicolasa Quintremán),ref></ref> onde se alegaba a violación por parte do estado de Chile de varios dereitos protexidos descritos na Convención Americana sobre Dereitos Humanos, e ademais solicitáronse medidas cautelares para evitar que as súas terras fosen alagadas. Nese momento as obras xa tiñan un 70% de avance.
O 16 de setembro de 2003 subscribiuse un acordo, no Palacio de la Moneda durante o mandato de Ricardo Lagos Escobar e ante o Secretario Xeral da Presidencia Francisco Huenchumilla, entre as catro familias pehuenches que aínda se opuñan á entrega das súas terras e a empresa. Co acordo, cada unha das catro familias recibiu 200 millóns e 77 hectáreas de terreo. Ademais, o Goberno comprometeuse a comprar 1200 hectáreas do fundo El Porvenir situado na zona, para entregalas ás familias que permutaron as súas terras. Endesa pola súa banda, comprometeuse a destinar 300 millóns para unha nova fundación encargada de dar beneficios aos afectados pola construción da central.
En 2004, Chile asinou unha serie de compromisos ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH), entre os que está a creación da comuna de Alto Biobío, na que non se volverían a construír represas en terras indíxenas.
En 2013 apareceu flotando o corpo de Nicolasa Quintremán, activista mapuche pehuenche que abanderara durante moitos anos a loita contra a central. A tese oficial explica que Nicolasa seguramente morreu afogada por accidente, posiblemente por mor dun accidente, pero con todo esa tese é cuestionada por moitos, que sospeitan que en realidade foi asasinada polos impulsores da central por mor da oposición que fixera.
Pontencia Ralco posúe unha potencia de 690 MW, achegando o 4,6% da enerxía total xerada no SIC. É a central eléctrica que máis enerxía achega no país (séguelle a Central termoeléctrica Guacolda, con 608 MW, e a Central hidroeléctrica Pehuenche, con 570 MW).
Notas
Categoría:Encoros de Chile Categoría:Centrais hidroeléctricas