O weka, tamén coñecido popularmente como galiña maorí (Gallirallus australis) é unha especie de ave non voadora da familia dos rálidos. É endémica de Nova Zelandia. É o único membro existente do xénero Gallirallus. Recoñécense catro subespecies pero só dúas (norte/sur) están apoiadas por evidencia xenética.
Son robustos paxaros pardos, do tamaño dun polo. Como omnívoros, aliméntanse principalmente de invertebrados e froitos. Adoitan poñer ovos entre agosto e xaneiro; ambos os sexos axudan a incubar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Especies en estado vulnerable Categoría:Aves de Nova Zelandia Categoría:Aves non voadoras Categoría:Rálidos Categoría:Animais descritos en 1786