miniatura|Lingua. As amígdalas linguais ou tonsilas linguais (TA en latín tonsilla lingualis) son unhas masas de tecido linfático localizadas na lámina propia da raíz da lingua. Este tecido linfático consta de ganglios linfáticos con abundantes células do sistema inmunitario (inmunocitos). Os inmunocitos inician a resposta inmune cando as amígdalas linguais se poñen en contacto con microorganismos invasores patóxenos (bacterias, virus ou parasitos).

Estrutura

Microanatomía As amígdalas linguais están cubertas externamente por epitelio escamoso estratificado non quertinizado, que se invaxina cara a dentro formando criptas. Baixo o epitelio hai unha capa de ganglios linfáticos que conteñen linfocitos. As glándulas mucosas localizadas na raíz da lingua drenan a través de varios condutos nas criptas das amígdalas linguais. As secrecións destas glándulas mucosas manteñen as criptas limpas e libres de residuos.

Rego sanguíneo

As amígdalas linguais están localizadas na parte posterior da lingua e reciben rego sanguíneo da:

arteria lingual, rama da arteria carótide externa; rama tonsilar da arteria facial; arterias palatinas ascendente e descendente; rama farínxea ascendente da arteria carótide externa.

Innervación As amígdalas linguais están innervadas polos nerviois tonsilares do plexo tonsilar, formado polos nervios glosofarínxeo e vago.

Función miniatura|240px|Amígdalas da garganta coas amígdalas ou tonsilas linguais sinaladas. Igual que noutros tecidos linfáticos, a función das amígdalas linguais é previr infeccións. Estas amígdalas conteñen linfocitos B e T, que se activan cando bacterias nocivas ou virus entran en contacto coas amígdalas. Os linfocitos B neutralizan os patóxenos producindo anticorpos contra eles, mentres que os linfocitos T mátanos directamente liberando substancias citotóxicas ou indirectamente activando outras células inmunitarias.

Importancia clínica

Cancro O carcinoma de célula escamosa é un tipo de neoplasma que pode afectar as amígdalas linguais.

Apnea do sono O agrandamento ou hipertrofia das amigdalas linguais pode causar ou exacerbar a apnea do sono.

Galería

Este artigo incorpora texto en dominio público da páxina 1138 da 20ª edición de Gray's Anatomy (1918).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Imaxes en usc.edu AnatomyAtlases

LoyolaMedEd HistoImages (etiquetada como 'lymphoid tissue')] Lingual Tonsil

Categoría:Sistema linfático