Roy Lichtenstein, nado en Nova York o 27 de outubro de 1923 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1997, foi un pintor, artista gráfico e escultor estadounidense, unha das figuras máis reprentativas do Pop Art, e recoñecido especialmente polas súas interpretacións a grande escala da arte do cómic.
O nome de Roy Lichtenstein está moi cotizado nas poxas. O 15 de maio de 2013 unha das súas obras, Woman with flowered hat, foi adxudicada na casa Christie's de Nova York por máis de 43 millóns de euros.
Traxectoria Obtivo o doutorando en Belas Artes pola Universidade Estatal de Ohio no ano 1949. Os seus primeiros traballos eran de estilo expresionista abstracto, pero máis aló de 1957 comezou a experimentar con imaxes collidas dos cómics que atopaba nos papeis de envolve as gomas de mascar, libremente interpretadas e mesturadas con imaxes sacadas dos cadros do Vello Oeste doutro artista estadounidense, Frederick Remington. A partir de 1961 dedicouse por completo a producir arte mediante imaxes comerciais de produción masiva.
As súas historietas de cómics, como Good Morning, Darling (1964, Galería Leo Castelli, Nova York), son ampliacións dos personaxes dos debuxos animados, reproducidas á man, coa mesma técnica de puntos e as mesmas cores primarias e rechamantes que se utilizaban para imprimirlos.
As súas últimas obras, entre as que se atopan as reproducións de personaxes moi populares da novela rosa, paisaxes estilizadas e copias de postais de templos clásicos, amosan a súa influencia de Henri Matisse e Pablo Picasso.
Tamén as súas esculturas recrean os efectos dos cómics. Realizou, tamén, obras en cerámica.
No ano 1993 o Museo Guggenheim de Nova York expuxo unha retrospectiva da súa obra que viaxou por moitos outros países.
Lichtenstein faleceu de pneumonía en 1997 na Universidade de Nova York Medical Center, onde estivera hospitalizado durante varias semanas.
Abstraccións (Seleción, externa) | wayback= 20130417092320 | text=Blam (1962) Femme dans un Fauteuil (1963) Woman with flowered hat (1963) In the Car (1963) Red Paintings (Brushstrokes) (1965) POP (1966) New Seascape (1966) Modern Tapestry Cartoon (1967) Modern Sculpture with Apertures (1967) Cathedral #5(1969) Modular Painting with four Panels, #2 (1969) Peace through chemistry (1970) Mirror #1 (1970) The Atom (1970) Still Life with peeled lemon (1972) Still Life with goldfish (and painting of Golf Ball) (1972) Trompe L’oeil with leger Head and Paintbrush (1973) Cubist Still Life with Playing Cards (1974) Self Portrait II (1976) Despair (1979) Dr. Waldmann (1979) Woman in landscape (1980) Yellow Apple and Red Apple (1981) Sunrise over Water (1982) Paintings: Picasso Head (1984) Reclining nude in Brushstroke Landscape (1986) Imperfect Painting (1986) Coast Village (1987) Bauhaus Stairway: The large Version (1989) Reflections on Conversation (1990) Cezanne Bather Study (1990) Water Lilies (1991) Interior with mobile painting – collage for painting (1992) Nude with yellow pillow (1994) Seductive Girl (1996)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Fundación Lichstentein "Fotolog Roy Lichtenstein"
Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio