Manuel Barros Montero, coñecido como Xabelón, nado en Redondela en 1920 e finado no mesmo concello en agosto de 2007, foi un mariñeiro e político galego. miniatura|Fragmento das Memorias de Manolo Barros. Traxectoria Mariñeiro de Redondela. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal e Manuel Blanco Camiña, foi condenado a 6 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Preso na illa de San Simón entre 1937 e 1938. Despois pasou á Prisión Provincial de Valladolid, de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1940.BOE, 22-8-1949, p. 5820. Foi elixido concelleiro de Redondela polo PCE nas eleccións municipais de 1983.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Manuel Barros Montero, preso republicano en la isla de San Simón entre 1937 y 1938: "No debemos olvidar los crímenes de la dictadura" San Simón a illa da xustiza
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Concelleiros de Redondela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2007