Carmen Villar Alonso, nada en Zürich en 1974, é unha escritora e xornalista galega.

Traxectoria Estudou Xornalismo na USC e graduouse en Fotografía Artística. Ten traballado de redactora no Faro de Vigo e asina a columna «Que din as rumorosas?».

Como debuxante, participou en Entrecruzar, do Proxecto-Edición do CGAC. Desenvolve un proxecto fotopoético en redes sociais como Carmen de Milmanda. Escribe teatro, contos e poesía en fanzines e revistas como Dorna e Palavra Comum.

Obras Os mil e un días (2023). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 978-84-1110-388-6. ePub: ISBN 978-84-1110-397-8. Libros colectivos Liñas compartidas (2019).

Contármonos (2023). Alvarellos.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Zürich Categoría:Nados en 1974 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na diáspora galega