miniatura|dereita|O motor KHTML no Konqueror.

KHTML é o motor de renderizado de HTML feito para o proxecto KDE. Escrito na linguaxe C++, ten licenza LGPL.

Creouse para o navegador web e xestor de ficheiros Konqueror do contorno de escritorio KDE. O motor foi adoptado en xaneiro do 2003 por Apple para o seu navegador Safari, que prometeu colaborar no proxecto devolvendo tódalas melloras que fixera neste.

O KHTML tamén é utilizado por YellowTAB, que distribúe unha distribución de BeOS.

Normas suportadas

O KHTML admite as seguintes normas:

HTML 4.01 CSS 1 : completo CSS 2 : en parte DOM : 1, 2 e parcialmente 3 ECMAScript-262/Javascript : 1.5 Plugins de Netscape SVG : Non completa Formatos de imaxes : PNG, MNG, JPEG e GIF

Ligazóns externas

Wiki oficial KHTML en KDE.org Noticia do lanzamento do Safari

Categoría:Software libre