Siyamthanda "Siya" Kolisi, nado o 16 de xuño de 1991 en Port Elizabeth, é un xogador profesional de rugby que xoga na posición de terceira liña no club francés Racing 92Siya Kolisi rejoint le Racing 92 à partir de la saison 2023.2024 e na selección de Suráfrica. En 2018 converteuse no primeiro capitán de raza negra na historia dos Springboks. Como capitán ergueu a Copa Webb Ellis en dúas ocasións cando a selección surafricana gañou as finais da Copa do Mundo de Xapón 2019 e Francia 2023 contra Inglaterra e Nova Zelandia.
Equipos (2011) - (2021) Western Province (2012) - (2020) Stormers (2021) - (2023) Sharks (2023) - (........) Racing 92
Títulos Coa selección de Suráfrica Copa do Mundo de Rugby = 2019, 2023
Coa provincia de Western Province Currie Cup = 2012, 2014
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Siya Kolisi na páxina oficial dos Springboks
Categoría:Xogadores de rugby de Suráfrica Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Porto Elizabeth