miniatura|Lycaena tityrus, macho miniatura|Lycaena tityrus, femia miniatura|Lycaena tityrus ♀ △ Lycaena tityrus é unha bolboreta da familia Lycaenidae. Lycaena tityrus.
Características A parte superior do macho é de cor marrón con manchas denegridas. Ao longo do bordo posterior hai unhas poucas manchas de cor laranxa. As ás dianteiras da femia son máis redondeadas e un pouco máis laranxas que no macho, e ela ten máis manchas de cor laranxa ao longo dos bordos das ás dianteiras e traseiras, pola contra, son bastante similares na parte superior.Lycaena tityrus.
A parte inferior é similar en ambos os sexos, dunha cor amarela agrisada, manchas escuras e manchas de cor laranxa ao longo dos bordos das ás.
Bioloxía A larva é de cor verde e pode chegar a ter até 20 milímetros de longo. Hiberna como larva nova.
As súas plantas hóspedes son especies de acedeira Rumex como R. acetosa.
Período de voo É unha especie polivoltina en lugares cálidos, de abril a outubro, bivoltina en lugares máis frescos, de maio e xuño e de xullo a setembro, voa de 50 a 2500 metros de altitude.
Distribución Habita o sur e centro de Europa, chega a Italia, Sicilia, Grecia e Turquía, o sur de Rusia, até a cordilleira de Altái. Nos países nórdicos está a nivel local en Dinamarca. En España atópase na metade norte eurosiberiana, entre os Pireneos e Galicia ademais do sistema Ibérico norte. É substituída por Lycaena bleusei en gran parte do centro Peninsular.
Hábitat O seu hábitat son prados con flores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fotografías e Taxonomía http://www.schmetterling-raupe.de/art/tityrus.htm Butterflies.de Moths and Butterflies of Europe and North Africa (inglés) Lycaena tityrus na web de Fauna Europaea
Categoría:Animais descritos en 1761 Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia