Euchloe simplonia é unha especie de lepidóptero ropalócero da familia Pieridae.http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Euchloe-simplonia-%28Freyer-1829%29-cat11336.html Distribúese polas rexións montañosas de Europa Occidental (Francia, Italia, Suíza). Tamén está citada en España, na Cordilleira Cantábrica e os Pireneos. http://www.eurobutterflies.com/sp/simplonia.php Eurobutterflies, por Matt Rowlings http://www.leps.it/indexjs.htm?SpeciesPages/EuchlSimp.htm Moths and Butterflies of Europe and North Africa
É unha bolboreta branca con manchas negras ao final das ás anteriores e unha mácula negra a medio camiño do corpo. O reverso das ás posteriores é de cor verde escura con manchas brancas.
As súas plantas nutricias son principalmente dos xéneros Sinapis, Isatis, Aethionema, Iberis e Biscutella.
Voa de abril a agosto, e só ten unha xeración.Tom Tolman, Richard Lewington, Guía de las Mariposas de Europa y África del Norte, Delachaux e Niestlé, ISBN 978-2-603-01649-7 Atópase en prados de flores de montaña en xeral por riba de 1500 metros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biodiversidad Virtual: Euchloe simplonia Moths and Butterflies of Europe and North Africa: Euchloe simplonia (inglés) European Butterflies and Moths: Euchloe simplonia (inglés)
Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1878