O Proto-Tetis, Prototetis ou océano Teico foi un antigo océano que existiu desde o final do Ediacárico ata o Carbonífero (hai entre 550 e 330 millóns de anos).

Historia do concepto O nome "Proto-Tetis" foi utilizado inconsistentemente para varios conceptos referidos a un océano predecesor do Paleo-Tetis, un palaeocéano que separaba as marxes de Gondwana, a miúdo denominado peri-Gondwana, de varios continentes e fragmentos continentais que derivaron de Gondwana desde os tempos do Precámbrico en adiante. Segundo , despois dos eventos oroxénicos cadomianos de hai 550 millóns de anos (Ma), o océano Proto-Tethys formouse na parte oriental dun dominio oceánico (do cal os océanos de Xápeto e de Tornquist formaban as partes occidentais) que subduciu baixo as marxes setentrionais de Gondwana. Neste modelo o Proto-Tetis separaba os continentes de China do Norte e Báltica de Gondwana. A inicios do Ordovícico, hai 500-480 Ma, o Proto-Tetis subduciu baixo Cadomia como resultado da cunca tras-arco de Chamrousse. usaron o nome 'océano de Ran' para un concepto similar, o océano cámbrico-ordovícico que separaba Báltica de Gondwana.

Outros xeólogos discuten a existencia deste océano.

Evolución no Paleozoico O océano formouse cando se desintegrou Pannotia, formándose Proto-Laurasia (Laurentia, Báltica e a antiga Siberia), que se separou dun supercontinente que acabaría sendo Gondwana. O Proto-Tetis formouse entre estes dous supercontinentes. O océano estaba abeirado polo océano Pantalásico ao norte, separado del por arcos de illas e Casaquistania. O Proto-Tetis expandiuse durante o Cámbrico. O océano chegou á sú maior largura contra o final do Ordovícico e metade do Silúrico. Estaba situado entre Siberia ao oeste e Gondwana ao leste. O océano empezou a acurtarse durante o Silúrico tardío, cando os continentes da China do Norte e China do Sur se separaron de Gondwana, dirixíndose cara ao norte. Ao final do Devoniano, o microcontinente de Casaquistania colidiu con Siberia, acurtando o océano aínda máis. O océano pechouse cando o cratón da China do Norte colidiu co continente de Siberia-Casaquistania no Carbonífero, mentres que se expandía o océano Paleo-Tetis.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Paleo-Tetis Mar de Tetis Océano Reico

Bibliografía

Ligazóns externas Océano Proto-Tetis – en [https://web.archive.org/web/20060820132610/http://jan.ucc.nau.edu/~rcb7/global_history.html global history Paleo-Tetis e Proto-Tetis – en global history Carbonífero temperán – en PaleoMap Project (o microcontinente da China do Norte empeza a chocar co continente de Siberia-Caxaquistania pechando o Proto-Tetis)

Categoría:Proterozoico Categoría:Paleoxeografía