Duarte de Almeida, o Decepado nado c. 1400 en Vila Pouca de Aguiar e finado ibídem en algunha data posterior á batalla de Toro na década de 1470, era un militar portugués. Destacou na batalla de Toro, onde serviu como alferes de D. Afonso V. No combate, defendeu o estandarte portugués até perder ambas as mans, sosténdoo cos brazos e dentes antes de ser capturado por tropas castelás-aragonesas isabelinas. Como recoñecemento ao seu valor, a súa armadura colga na catedral de Toledo.
Traxectoria Era fillo de João Fernandes de Almeida, Señor da Torre e Castelo de Vilharigues.
Fíxose famoso polo seu heroísmo en Toro, Zamora na batalla celebrada o 1 de marzo de 1476. O conflito deuse polo apoio de D. Afonso V ao dereito lexítimo da súa sobriña (e prevista esposa en segundas nupcias) ao trono da Coroa de Castela, reclamando a unión dos reinos de Portugal, Galiza, León e Castela. A pesar de perder a bandeira portuguesa no combate, foi recuperada por Gonçalo Pires Bandeira e a batalla foi "gañada" polas tropas xoaninas segundo as normas de cabalería da época, pero foi insuficiente para pór a Xoana no trono e a unión das coroas.
Após a batalla, Duarte foi trasladado ferido a un hospital en Castela. Volveu a Portugal meses despois, vivindo en Santarém.
Aínda que algúns din que morreu na miseria, outros, como Camilo Castelo Branco, sinalan que non foi así, xa que dispuxo de varias herdanzas. Un ano antes da batalla, estando en Zamora, D. Afonso V recoñeceu os seus servizos outorgándolle o Reguengo de Lafões.
Véxase tamén
Bibliografía
FREIRE, Anselmo Braamcamp, BRASÕES DA SALA DE SINTRA, vol II, pp 323 e seguintes
Ligazóns externas
Almeida (Duarte de), Portugal - Diccionario Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático y Artístico, Tomo I, p. 245, Edición en papel, João Romano Torres - Editor, 1904-1915, Edición electrónica, Manuel Amaral, 2000-2012 Decepado,, Portugal - Diccionario Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático y Artístico, Tomo III, páxs. 23-24, Edición en papel, João Romano Torres - Editor, 1904-1915, Edición electrónica, Manuel Amaral, 2000-2012 Imaxe
Categoría:Militares de Portugal Categoría:Nobres de Portugal Categoría:Nados en 1400 Categoría:Nados no distrito de Vila Real