A Euplagia quadripunctaria é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Erebidae de cores brillantes, que se atopa en toda Europa.
Descrición Árctido coas ás anteriores de 21 a 26 mm, a parte superior con raias amarelas sobre fondo pardo escuro ou ocre. Ás posteriores de cor vermella, con dous puntos negros característicos.
Distribución Distribúese por toda Europa, oeste de Rusia, sur dos Urais, o Cáucaso, Asia Menor e Próximo Oriente até o sur de Turkmenistán. Na península ibérica atópase en todas as rexións, desde o nivel do mar até por encima dos 2.000 m de altitude, en terreos montañosos de chans calcarios, en pedregueiras e pendentes rochosas con torrentes.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1761 Categoría:Insectos de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia