José Ángel Jurado de la Torre, coñecido simplemente como José Ángel, nado en Sevilla o 21 de xuño de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Real Betis, debutou co filial na Segunda División B na tempada 2010/11. En xullo de 2011 fichou por outro filial, Villarreal B, e foi inmediatamente cedido ao Mirandés, da mesma categoría.
Disputou 24 partidos co equipo de Miranda de Ebro durante a tempada 2011/12, proclamándose campión do seu grupo e logrando o ascenso á Segunda División na promoción. A continuación regresou ao Villarreal B, no que militou durante as seguintes dúas campañas, disputando 53 partidos e logrando 4 goles. En xullo de 2014 fichou polo Almería B, tamén de Segunda B.
Titular indiscutible no filial almeriense, disputou un total de 37 encontros, contribuíndo á clasificación do equipo para a promoción de ascenso. O 5 de decembro de 2014 debutou co primeiro equipo do Almería, da man do adestrador Francisco, substituíndo a Corona na segunda metade dun partido da Copa do Rei ante o Betis no Benito Villamarín. No verán de 2015 subiu ao primeiro equipo, que viña de descender á Segunda División. Xogou na categoría de prata durante unha tempada e media ata que o seu contrato foi rescindido en xaneiro de 2017.
En marzo deixou o fútbol español e instalouse en Noruega, onde asinou contrato co FK Bodø/Glimt da Primeira División, segunda categoría do fútbol noruegués. Co equipo amarelo proclamouse campión da categoría e logrou así o ascenso á Eliteserien, na que militou durante a campaña 2018. O 15 de febreiro de 2019 anunciouse a súa marcha á capital de Transnistria, cedido ata final de tempada no FC Sheriff Tiraspol. Ali conquistou a Copa de Moldova, sendo titular na final contra o Sfîntul Gheorghe. O seu equipo acabou gañando tamén a Super Liga moldova, aínda que José Ángel deixou o club uns meses antes do remate da competición, regresando a España a finais de agosto e fichando polo FC Cartagena, de Segunda B.
Na súa primeira tempada na Efesé disputou un total de 18 partidos, sendo habitualmente suplente de Adalberto Carrasquilla e Miguel Ángel Cordero, e conseguiu o ascenso á Segunda División. Na seguinte campaña, xa na categoría de prata, fíxose coa titularidade e contribuíu á permanencia en Segunda do equipo de Borja Jiménez.
En xullo de 2021 renovou o seu contrato por un ano máis, pero só dúas semanas despois anunciouse o seu traspaso ao Al Wahda FC, club dos Emiratos Árabes Unidos. Con este equipo participou nas competicións nacionais do país e tamén na Liga de Campións da AFC. Debutou no torneo continental nos oitavos de final ante outro club dos Emiratos, o Sharjah, ao que eliminaron despois dunha prórroga e unha quenda de penaltis. Foi titular tamén nos cuartos de final, nos que o seu equipo caeu eliminado ante o Al-Nassr saudita.
O 12 de xaneiro de 2022 regresou ao Cartagena, tras chegar a un acordo coa entidade ata o final da campaña, pero só tres días despois, o club anunciou a súa marcha, ante a imposibilidade de inscribilo na liga. O 16 de xaneiro asinou co Alcorcón, tamén de Segunda. Militou no club madrileño ata final de tempada e a continuación xogou un ano no Tenerife, ás ordes de Ramis.
Para a tempada 2023/24 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira Federación. No club galego formou un excelente pivote no centro do campo xunto a Diego Villares, sendo o bo traballo de ambos unha das claves do ascenso do equipo de Imanol Idiakez á Segunda División. Disputou un total de 36 encontros, todos como titular, e anotou un gol ante o Lugo. A súa seguinte tempada estivo marcada por unha lesión de pube que o lastrou durante boa parte do campionato, ata que en maio precisou dunha operación cirúrxica. Xogou 28 partidos, 23 deles saíndo dende o once inicial.
Perdeu protagonismo na tempada 2025/26, na que comezou aínda lesionado. Xa recuperado, disputou un total de 24 partidos, 15 deles como titular, conseguindo o ascenso á Primeira División.
Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaContinentalInclúe partidos de clasificación para a Liga de Campións da UEFA e da Liga de Campións da AFC.OutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e Copa da Liga dos Emiratos Árabes Unidos.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesBetis Deportivo2010/11Segunda B231 - - - - - -231Mirandés2011/12Segunda B210-- - -10220Villarreal B2012/13Segunda B233-- - - - -2332013/14Segunda B301 - - - - - -301Total club534000000534Almería B2014/15Segunda B351-- - -20371Almería2014/15Primeira0020 - - - -202015/16Segunda25130 - - - -2812016/17Segunda12010 - - - -130Total club371600000431Bodø/Glimt2017Primeira División22031 - - - -2512018Eliteserien28120 - - - -301Total club501510000552Sheriff Tiraspol2018/19Liga de Moldova12200 - - - -1222019/20Liga de Moldova000010 - -10Total club122001000132FC Cartagena2019/20Segunda B15021 - -101812020/21Segunda33200 - - - -332Total club4822110513Al Wahda FC2021/22Liga Pro100102041171Alcorcón2021/22Segunda171 - - - - - -171Tenerife2022/23Segunda27120 - - - -291Deportivo da Coruña2023/241ª Federación35110 - -003612024/25Segunda28000 - - - -2802025/26Segunda22020 - - - -240Total club851300000881Total carreira 418 15 192308 1 44818
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores da UD Almería B Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do FK Bodø/Glimt Categoría:Xogadores do FC Sheriff Tiraspol Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Al Wahda SCC Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña