A lingua badeshi é unha lingua indoaria sen clasificar falada en Paquistán. A lingua está nunha situación de grave perigo e considérase en risco de extinción. En 2018 a BBC atopou tres homes que aínda podían falar a lingua. O badeshi está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Muhammad Zaman Sagar, un lingüista de campo conectado ao Forum for Language Initiative, traballou nesta lingua. Porén, o resultado da súa investigación de dous anos foi a recollida dunhas cen palabras. En xullo de 2007, visitou o val de Bishigram de novo e estivo varios días coa xente do lugar. Hai esforzos para conservar un rexistro da lingua polo lingüista Zubair Torwali entre outros.
En 2018, xornalistas da BBC atoparon tres anciáns (Said Gul, Ali Sher e Rahim Gul) que aínda podían falar o badeshi no Val de Bishigram, no norte de Paquistán. Dixeron que a lingua torwali substituíu o badeshi na súa aldea. Os homes tamén traballaran en zonas turísticas do val de Swat onde falaban paxto. Algunhas frases recollidas en badeshi son: - O meu nome é Rahim Gul - Eu falo badeshi - Como estás? - Xa comín - Non hai moita neve este ano
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas The Badeshi People in Bishigram and Tirat valley, Swat Badeshi: Only three people speak this 'extinct' language Badeshi bible scripture
Categoría:Linguas de Paquistán Categoría:Linguas indoarias