Herba aquí ou acolá é un libro de poemas de Álvaro Cunqueiro. Foi publicado co título de Hierba aquí o allá. Herba aquí ou acolá pola editorial Visor en 1988 e máis adiante, en 1991, pola editorial Galaxia co título Herba aquí ou acoláBibliografía de Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia. aínda que xa apareceran varios poemas emblemáticos desa escolma baixo o título "Herba aquí e acolá" no volume I da súa obra completa publicado tamén por Galaxia en 1980.
Estrutura A obra está composta por un feixe de poemas nos que Cunqueiro amosa a modernidade da súa escritura. Ten pegadas do vangardismo, do neotrobadorismo e da modernidade. A obra resultou clave na modernización da lírica galega a partir dos anos 80. miniatura|300px|Díxenlle á rula: Pase, miña señora! E foise polo medio e medio do outono por entre as bidueiras, sobre o río. En total son 29 poemas estruturados en dúas seccións: As historias e Vellas sombras e novos cantos, o primeiro grupo de poemas é heteroxéneo nas súas formas aínda que xira en tordo ás lendas, mitos e historias mentres o segundo mostra unha maior unidade, é máis líricoMolina, C. A.: Antología poética de Álvaro Cunqueiro. Plaza & Janés, 1983, p. 34. (Bilingüe). cun ton reflexivo e angustiado no que predomina o EuLuz Pozo Garza Álvaro Cunqueiro e Herba aquí ou acolá. Editorial Galaxia, 1991, páxina 57 que enxerga a morte como unha negra sombraMéndez Ferrín, X. L.: "Notas á última poesía", artigo no Faro de Vigo, 2 de marzo de 1984. pero cunha profunda vontade vitalista.Raña, R.: "Ecos de Cunqueiro", artigo no Faro de Vigo, 3 de marzo de 1985.
Edicións e traducións Álvaro Cunqueiro di no limiar da obra que elaborou os poemas recollidos en Herba aquí ou acolá nas dúas últimas décadas, pero Costas matiza que foi entre 1950 e 1979.Introdución de Xosé-Henrique Costas a Herba de aquí ou acolá. Editorial Galaxia, 1991 Miguel González Garcés recolleunos coa intención de publicalos como volume independente nunha colección de poesía, o que finalmente non sucedeu.
En 1988 César Antonio Molina publicou unha edición bilingüe en galego e castelán nunha colección de poesía de MadridFicha en BiTraGa.. Foi a primeira edición da obra como libro independente pero non tivo transcendencia no mundo cultural galego e non seguía o aparecido na Obra en galego completa, recollendo case cen poemas.
En 1991 Xosé-Henrique Costas publicou a obra como libro independente, nunha edición moi acrecentada ao engadir máis de 60 poemas á selección. Tamén lle mudou o título, tomándoo do penúltimo poema que aparecía na selección de 1980. A primeira sección titúlase agora Os cantos e as historias mentres a segunda mantén o título. Costas afirma na introdución do libro que os poemas se recolleron ás présas para incluílos nas súas obras completas en galego e, como consecuencia, a estruturación foi inexacta e non se incluíron todos os poemas escritos por Cunqueiro despois do seu último libro de poemas, Dona do corpo delgado (1950). Pola contra o compilador desta edición incluíu aqueles poemas que tiñan relación pero deixou fóra algúns que non tiñan a mesma adscrición.Anuario de Estudos Literarios Galegos 4. Editorial Galaxia, 2004, páxina 31 Costas iguala ortograficamente os poemas, pero sen adaptalos ás Normas do galego, senón que segue as solucións que maioritariamente usou o propio Cunqueiro.
En 1993 Jordi Domènech i Soteras publicou unha edición bilingüe en galego e catalán co título de Herba aquí o allà en Edicions 62Ficha en BiTraGa..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1988 Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro