Benito Manasseri, nado en San Fratello (Messina) en 1526 e finado en Palermo o 4 de abril de 1589, foi un relixioso italiano, coñecido como San Bieito de Palermo e como San Bieito o Africano, canonizado tras un longo proceso en 1807.
Traxectoria De orixe africana, era fillo de escravos. Crese que os seus pais puideron traballar nunha plantación próxima a Messina onde foran traídos como escravos de Etiopía. Recibiu a liberdade dos seus amos tras o seu nacemento e nos seus primeiros anos gañouse a vida como pastor. Sufriu discriminación pola súa condición.
Cando tiña sobre vinte anos, coñeceu a un grupo de ermitáns que seguían a Regra de san Francisco aos que se uniu atraído polas ideas do santo. Tamén se adoita explicar o seu achegamento grazas a un ermitán que se fixou na súa paciencia fronte ás burlas e críticas. miniatura|Igrexa de Santa Cristina de Covas, onde se venera a San Bieito de Palermo. En 1564, tras a abolición papal das comunidades de ermitáns, o grupo disolveuse. Bieito ingresou no convento de Santa María de Palermo. Debido ao seu analfabetismo, foi relegado á cociña do convento. Desde a cociña a súa piedade, a súa humildade e os milagres que se lle atribuíron, sobre todo curacións, déronlle gran fama, o que lle levou a ser elixido prior en 1578. Posteriormente foi mestre de novizos, para despois volver á cociña. A súa festa celébrase o 4 de abril.
Canonización Bieito de Palermo foi beatificado polo papa Bieito XIV en 1743 e canonizado en 1807 por Pío VII. Tamén se di que o seu corpo foi atopado incorrupto cando foi exhumado poucos anos despois. Santo patrón dos afroamericanos, Bieito é lembrado pola súa paciencia e entendemento cando se enfrontaba a prexuízos raciais. Existen polo menos cinco parroquias católicas negras que levan o seu nome en Estados Unidos, en Queens, Nova York, Chicago, Illinois, Pittsburgh, Omaha, Nebraska, Columbus, Xeorxia, e en Savannah, Xeorxia.
Devoción A devoción a San Bieito de Palermo está espallada ao longo de América Latina, desde México até a Arxentina. Tamén recibe culto especial en Sicilia. Galicia En Galicia venérase en Santa Cristina de Covas (Meaño), onde se introduciu a principios do século XIX. Alí celébrase o martes de Pascua. É avogoso das dores de cabeza, dos ollos, dos peitos e do cancro. Tamén se venera en Angoares (Ponteareas) e mais en Carballo (Friol).
Notas
Categoría:Nados na provincia de Messina Categoría:Santos do catolicismo