O Partido Whig dos Estados Unidos foi unha importante alternativa electoral ao bipartidismo estadounidense tradicional durante o século XIX nese país, fundado por membros do extinto Partido Nacional-Republicano encabezado por Henry Clay, e que á súa vez sería o precursor do actual Partido Republicano dos Estados Unidos.

Historia Os Whigs colapsaron despois da aprobación da Lei Kansas-Nebraska en 1854, coa maioría dos Whigs do Norte finalmente uníndose ao Partido Republicano contra a escravitude e a maioría dos Whigs do Sur uníndose ao American Party e máis tarde ao Partido da Unión Constitucional. Os últimos vestixios do Partido Whig esvaecéronse despois da Guerra civil estadounidense, pero as ideas whigs seguiron sendo influentes durante décadas.

Presidencia dos EUA Chegou a contribuír á presidencia dos Estados Unidos 4 políticos:

O 9º William Henry Harrison (1841) O 10º John Tyler (1841-1845) O 12 º Zachary Taylor (1849 - 1850) O 13º Millard Fillmore (1850-1853)

Tamén contou con 2 vicepresidentes:

O 10º John Tyler (4 de marzo de 1841 - 4 de abril de 1841) O 12º Millard Fillmore (4 de marzo de 1849 - 9 de xullo de 1850)

Notas

Véxase tamén

Abraham Lincoln Horace Greeley

Categoría:Partidos políticos dos Estados Unidos de América