María Guerrero, nada en Madrid o 17 de abril de 1867 e finada na mesma cidade o 23 de xaneiro de 1928, foi unha actriz española.

Traxectoria Estudou arte dramática coa actriz Teodora Lamadrid, debutou en 1885 e posteriormente xa como primeira actriz actuou en obras clásicas e de José Echegaray con grande éxito. Ampliou estudos con Benoît-Constant Coquelin e chegou a actuar con Sara Bernhardt, casou co actor Fernando Díaz de Mendoza, co cal estableceu a súa propia compañía teatral que representou obras con gran fortuna en España e a Arxentina.

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1928