Das doce ás tresProgramación TVG2 (en ) é un filme estadounidense de 1976 escrito e dirixido por Frank D. Gilroy. Estreado por United Artists, está protagonizado por Charles Bronson e a súa muller, Jill Ireland.

Sinopse A noite anterior a un roubo, Graham Dorsey (Charles Bronson), un dos ladróns, soña que vai saír mal, polo que á mañá seguinte provoca un accidente co seu cabalo para evitar ir á cidade onde se atopa o banco. Os catro restantes da banda aceptan reunirse despois nunha casa solitaria onde vive unha viúva (Jill Ireland). Dorsey namórase inmediatamente da viúva e xorde entre eles un estraño romance que terá que rematar cando o resto da banda volva do roubo.

Personaxes Charles Bronson como Graham Dorsey Jill Ireland como Amanda Douglas Fowley como Buck Bowers Stan Haze como Ape Damon Douglas como rapaz Anne Ramsey como muller

Notas

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1976 con versión en galego