PoSAT 1, acrónimo de Portugal Satellite 1, foi o primeiro satélite artificial de Portugal, lanzado o 26 de setembro de 1993 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.

Características PoSAT 1 foi un pequeno satélite experimental deseñado para obter imaxes desde órbita, determinar a súa propia posición mediante GPS e probar novas técnicas de compresión de datos. Foi construído pola Universidade de Surrey (Reino Unido) dentro dun programa colaborativo entre un consorcio educativo e industrial portugués (o Consorcio PoSAT) e a universidade, xestionado a través da compañía de transferencia tecnolóxica desta última, Surrey Satellite Technology.

O satélite levaba tres instrumentos a bordo:

Sistema de Imaxes da Terra (EIS): un sistema de dúas cámaras con CCD cun procesador para comprimir as imaxes a bordo antes de envialas a terra. Unha das cámaras tiña unha resolución de 2 km, mentres que a outra a tiña de 200 m. Sensor estelar: baseado na mesma tecnoloxía que EIS pero optimizada para obter imaxes das estrelas e determinar a posición do satélite. Experimento de navegación GPS. Experimento de raios cósmicos: para detectar a radiación da contorna especial arredor do satélite e medir os seus efectos na electrónica de a bordo. Experimento de procesamento dixital de sinal: composto por dous procesadores usados como módem programable para optimizar as comunicacións con terra. Comunicacións de gardar e enviar: un sistema de almacenamento de datos a bordo e envío a petición cara terra usando o protocolo AX25, permitindo a estacións de terra con equipamento sinxelo e barato utilizar o satélite como enlace entre diferentes puntos da Terra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ariane 4

Categoría:Satélites artificiais