Alfons Maria Mucha, nado en Ivančice (Moravia) o 24 de xullo de 1860 e finado en Praga o 14 de xullo de 1939, foi un pintor e artista decorativo checo, amplamente recoñecido por ser un dos máximos expoñentes da Art Nouveau.

Traxectoria As súas habilidades para o canto permitíronlle continuar a súa educación secundaria en Brno, capital de Moravia; con todo desde neno sentiuse principalmente atraído polo debuxo. Traballou en empregos de pintura decorativa en Moravia, principalmente para postas teatrais. En 1879 mudouse a Viena para traballar cunha compañía vienesa de deseño teatral logrando informalmente completar a súa educación artística. Cando en 1881 un incendio destruíu o negocio dos seus empregadores, regresou a Moravia, traballando de xeito independente, facendo pinturas decorativas e retratos. O Conde Kart Khuen de Mikulov contratouno para decorar con murales o Castelo de Hrusovany Emmahof, e quedou tan gratamente impresionado que acordou apadriñar a aprendizaxe formal de Mucha na Academia de Belas Artes de Múnic.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Art Nouveau Modernismo

Categoría:Pintores da República Checa Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en Moravia Meridional Categoría:Alumnos da Académie Julian