A Carcharodus alceae é un lepidóptero ropalócero da familia Hesperiidae.Tolman, Tom; Lewington, Richard. Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx, 2011. ISBN 978-84-96553-84-2.Tshikolovets, Vadim V. Butterflies of Europe & the Mediterranean area (en inglés). Tshikolovets Publications, 2011. ISBN 978-80-904900-0-0.https://sites.google.com/site/picosdeeuropamariposas/carcharodus-alceae Carcharodus alceae, Georges Verhulst. Mariposas de Picos de Europa

Distribución Ten unha distribución moi ampla: sur e centro de Europa até os Urais e noroeste de Kazakhstán, numerosas illas do Mediterráneo incluíndo as Baleares, Asia Menor e Próximo Oriente, Transcaucasia, Cáucaso e partes do oeste e centro de Asia.http://www.eurobutterflies.com/sp/alceae.php Carcharodus alceae, Matt Rowlings

Hábitat Trátase dunha especie xeneralista e que ocupa numerosos tipos de hábitats herbosos onde medran as súas plantas nutricias. A eiruga pódese alimentar de Alcea rosea, Althea officinalis, Lavatera thuringiaca, Malva sylvestris, Malva neglecta, Malva moschata, Malva pusilla e Malva alcea.

Período de voo É bivoltina ao norte, entre abril e xuño e entre xullo e setembro, pero trivoltina ou polivoltina ao sur, entre febreiro e novembro, segundo a localidade e a altitude.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas UK Butterflies (inglés) European Butterflies (inglés)

Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia