O Gran Premio de Abu Zabi de 2023 (oficialmente coñecido como Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 26 de novembro de 2023 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a vixésimo segunda e última rolda da tempada , a décimo quinta edición do Gran Premio de Abu Zabi e a décimo quinta vez que a carreira se disputou como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en .
Equipos
Os pilotos e os equipos son os mesmos que a lista de inscritos da tempada coa excepción de Daniel Ricciardo, que substituíu a Nyck de Vries na AlphaTauri a partir do Gran Premio de Hungría.
Durante a primeira sesión de adestramentos, nove equipos presentaron a pilotos suplentes que non correran en máis de dous Grandes Premios, como esixe o regulamento da Fórmula Un: Théo Pourchaire para Alfa Romeo en lugar de Guanyu Zhou, ,Jack Doohan para Alpine en lugar de Esteban Ocon, Felipe Drugovich para Aston Martin en lugar de Fernando Alonso; Robert Shwartzman para Ferrari en lugar de Charles Leclerc, Oliver Bearman para Haas en lugar de Nico Hülkenberg, Patricio O'Ward para McLaren en lugar de Lando Norris, Frederik Vesti para Mercedes en lugar de Lewis Hamilton, Jake Dennis e Isack Hadjar para Red Bull Racing en lugar de Max Verstappen e Sergio Pérez, respectivamente e Zak O'Sullivan para Williams en lugar de Alexander Albon. Dennis e O'Sullivan fixeron o seu debut na Fórmula Un.
Pneus dispoñibles
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente), os tres compostos máis brandos da súa gama de pneumáticos secos, para que os equipos os usaran na carreira.
+ Pneus dispoñibles para Yas Marina Pneus para pista seca Pneus para chuviaalt=Représentation des pneus durs|center|55x55px Duros (Tipo C3)alt=Représentation des pneus medium|center|sans_cadre|55x55px Medios (Tipo C4)alt=Représentation des pneus tendres|center|55x55px Brandos (Tipo C5)55px|alt=Représentation des pneus intermédiairesIntermedios55px|alt=Représentation des pneus pluieChuvia
Práctica Celebráronse tres sesións de adestramentos libres no evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 24 de novembro de 2023, ás 13:30 hora local (UTC+4). encabezouna George Russell por diante de Felipe Drugovich e Daniel Ricciardo. A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local (UTC+4). Encabezada por Charles Leclerc por diante de Lando Norris e Max Verstappen. A sesión foi detida dúas veces: Carlos Sainz perdeu o control do seu coche na curva tres sufrindo un forte choque, e Nico Hülkenberg trompeou contra o muro. A terceira sesión de adestramentos libres celebrouse o 25 de novembro de 2023, ás 14:30 hora local (UTC+4). Encabezouna George Russell por diante de Lando Norris e Oscar Piastri.
Cualificación A Clasificación celebrarase o 25 de novembro de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+4).
Clasificación da cualificación
Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaciónGrella Q1Q2Q31 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT1:24.1601:23.7401:23.44512 16 Charles LeclercFerrari1:24.4591:23.9691:23.58423 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes1:24.4871:24.2781:23.78234 63 George RussellMercedes1:24.3371:24.0131:23.78845 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes 1:24.368 1:23.920 1:23.8165622 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT 1:24.286 1:24.207 1:23.96967 14 Fernando Alonso 1:24.501 1:24.131 1:24.08478 27Haas-Ferrari 1:24.425 1:24.213 1:24.10889 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT1:24.2091:24.1161:24.171910 10 Pierre GaslyAlpine-Renault 1:24.600 1:24.078 1:24.5481011 44 Lewis HamiltonMercedes1:24.437 1:24.359 1112 31 Esteban OconAlpine-Renault 1:24.565 1:24.391 1213 18 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes 1:24.405 1:24.422 1314 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes 1:24.298 1:24.439 1415 3 Daniel RicciardoAlphaTauri-Honda RBPT 1:24.461 1:24.442 1516 55 Carlos SainzFerrari1:24.738 1617 20Haas-Ferrari 1:24.764 1718 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari1:24.788 1819 24 Guanyu ZhouAlfa Romeo-Ferrari1:25.159 19107% tempo: 1:30.051— 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes Sen tempo 20Logan Sargeant non puido establecer un tempo durante a cualificación. Permitíronlle correr a criterio dos comisarios.fonte:
Carreira A carreira celebrouse o 26 de novembro de 2023, ás 17:00 hora local (UTC+4), e disputouse durante 58 voltas.
Informe da carreira Ao comezo da carreira, Charles Leclerc desafiou a Max Verstappen polo liderado na primeira curva, pero Verstappen finalmente mantivo o primeiro lugar. Verstappen construíu lentamente unha brecha entre el e Leclerc, deixando que Leclerc mantivera a raia á parella de McLaren.
Máis tarde na carreira, todos os coches que comezaron co pneumático medio entraron en boxes, excepto Yuki Tsunoda, quen liderou brevemente a carreira ata que entrou en boxes na volta 23. George Russell seguiu aguantando o terceiro posto por detrás de Leclerc.
Nas últimas dez voltas da carreira, Sergio Pérez loitou con Lando Norris polo cuarto lugar. Os pilotoss golpearon as rodas e, posteriormente, Pérez recibiu unha sanción de cinco segundos por provocar unha colisión.
Leclerc quedou cómodo no segundo lugar, pero o terceiro lugar de Russell e o noveno posto de Lewis Hamilton foron suficientes para manter á Mercedes por diante do Ferrari por tres puntos no campionato de construtores. Aínda que Carlos Sainz corría na décima posición nese momento, só entrara en boxes unha vez e finalmente volvería a boxes, quedandoo fóra dos puntos.
Coa finalización da carreira, Pérez superou a Russell, pero Russell mantivo unha diferenza de menos de cinco segundos para manterse no terceiro lugar tras as sancións de Pérez. Leclerc baixou a velocidade deliberadamente para darlle a Pérez un rbufo e, finalmente, cedeu o segundo lugar, coa esperanza de que sacase a Russell do terceiro lugar. Aínda así, Russell conseguiu manterse o suficientemente preto de Leclerc, e terminou oficialmente terceiro logo de aplicárselle a penalización a Pérez. O podio final estivo composto por Verstappen, Leclerc e Russell. O terceiro posto de Russell, máis o seu compañeiro de equipo Hamilton, que rematou noveno e Carlos Sainz, que rematou 18º, aseguraron o segundo posto no Campionato de Construtores para Mercedes.
Clasificación da carreira
Pos.NºPilotoConstrutorvoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT58 1:27:02.624126Inclúe un punto pola volta rápida2 16 Charles LeclercFerrari58 +17.9932183 63 George RussellMercedes58 +20.3284154 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT58 +21.453Sergio Pérez quedou segundo, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por provocar unha colisión con Lando Norris.9125 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes58 +24.2845106 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes58 +31.487387 14 Fernando Alonso58 +39.512768 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT58 +43.088649 44 Lewis Hamilton Mercedes58 +44.42411210 18 Lance Stroll58 +55.63213111 3 Daniel RicciardoAlphaTauri-Honda RBPT58 +56.2291512 31 Esteban OconAlpine-Renault58 +1:06.3731213 10 Pierre GaslyAlpine-Renault58 +1:10.3701014 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes58 +1:13.1841415 27 Nico HülkenbergHaas-Ferrari58 +1:23.696816 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes58 +1:27.79120 17 24 Guanyu ZhouAlfa Romeo-Ferrari58 +1:29.4221918Carlos Sainz clasificouse xa que completou máis do 90% da distancia da carreira. 55 Carlos SainzFerrari57 Motor1619 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari57 +1 lap1820 20Haas-Ferrari57 +1 lap17Volta rápida: Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda RBPT) – 1:26.993 (volta 45)fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos10px1 Max Verstappen*57510px2 Sergio Pérez28510px3 Lewis Hamilton23410px 14 Fernando Alonso20610px 25 Charles Leclerc206Fonte:
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos10px1 Red Bull Racing-Honda RBPT*86010px2 Mercedes40910px3 Ferrari40610px4 McLaren-Mercedes30210px5280fonte:
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Os competidores en negra e marcados cun asterisco son os Campións do Mundo de 2023.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2023 Categoría:Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1