Marta Rouco Seoane, nada en Goiriz (Vilalba) en 1983, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e máster en Administración Financeira e Tributaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en sucursais bancarias e nunha mutua colaboradora da Seguridade Social. Foi nomeada xerente do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento en xaneiro de 2018. Militante do PSdeG-PSOE, foi elixida secretaria de Seguridade e Emerxencias da executiva do partido en decembro de 2021.

Presentouse nas listas socialistas nas eleccións municipais de 2011 sen saír elixida, mais entrou na corporación vilalbesa nas de 2015. Nas eleccións municipais de 2023 foi a número tres da candidatura do PSdeG-PSOE de Vilalba e foi elixida concelleira. Cando en outubro do mesmo ano a alcaldesa Elba Veleiro dimitiu, ela foi a escollida para substituíla.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilalba

Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes