As Antas é un lugar da parroquia do Regueiro no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.
Xeografía O lugar esténdese con igual topónimo polo Regueiro do Irixo e tamén co mesmo nome pola parroquia de Lebozán no municipio de Beariz. Na aldea sitúase a Mesa dos Bispos, que divide a diocese de Ourense, a diocese de Lugo e a arquidiocese de Santiago de Compostela, ademais das xurisdicións de Montes, Deza e Caldelas de Orcellón.
A aldea está atravesada pola estrada N-541.
Lugares e parroquias Lugares do Regueiro
Parroquias de Boborás
Notas
Categoría:Lugares de Boborás Categoría:Lugares divididos entre dous concellos