Wabanakwut "Wab" Kinew (/wɑːb kɪˈnuː/); nado o 31 de decembro de 1981, é un político canadense de orixe ojibwa que é o Primeiro Ministro de Manitoba. Kinew foi o dirixente do Novo Partido Demócrata de Manitoba (NDP) e líder da oposición dende o 16 de setembro de 2017. Antes de entrar en política, Kinew foi músico, locutor e administrador universitario, ademais de ser recoñecido como presentador en CBC Radio e CBC Television. Kinew converteuse no primeiro Primeiro Ministro provincial de ascendencia das Primeiras Nacións, e no primeiro primeiro ministro indíxena de Manitoba dende o Primeiro Ministro métis John Norquay en 1887.

Traxectoria Wabanakwut "Wab" Kinew naceu o 31 de decembro de 1981 en Kenora, Ontario. Criado na Primeira Nación Onigaming dos ojibwa do noroeste de Ontario, é o fillo de Tobasonakwut Kinew, un antigo xefe local e rexional e profesor de goberno indíxena na Universidade de Winnipeg, e a doutora Kathi Avery Kinew, analista de políticas."The accidental journalist: Wab Kinew emerges as contender to host Q" . The Globe and Mail, 19 de decembro de 2014.

Kinew trasladouse aos suburbios de Winnipeg cos seus pais na infancia e asistiu ao Collège Béliveau,"Kinew might be in queue to host Q: Guest spot last month piqued his interest." Winnipeg Free Press, 9 de xaneiro de 2015. unha escola de inmersión lingüística francesa, e pasou as vacacións de verán en Onigaming. Graduouse na Universidade de Winnipeg Collegiate, unha institución privada que, segundo dixo Kinew nunha entrevista de 2014 era "unha das mellores de Winnipeg"."Wab Kinew discusses education at Thunder Bay orientation" . Wawatay News, 18 de setembro de 2014. Kinew obtivo un Bachelor of Arts en economía pola Universidade de Manitoba, cursando posteriormente un máster en goberno indíxena.

Vida persoal Kinew declarou que "experimentou asaltos por motivos raciais por parte de adultos" durante a época na que creceu nos suburbios de Winnipeg.

En setembro de 2016, Kinew casou con Lisa Monkman, unha médico de familia ojibwa que exerce a medicina nunha clínica do centro da cidade. A parella tivo un fillo en maio de 2017. Kinew ten outros dous fillos dunha relación anterior.

Kinew é trilingüe, fala ojibwa, inglés e francés.

Notas

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Pobo ojibwa