O páramo de Cruz Verde é un páramo que se atopa entre o Distrito Capital de Bogotá e a provincia de Oriente do departamento de Cundinamarca. Forma parte do mesmo sistema do páramo de Sumapaz.

Características O páramo de Cruz Verde atópase entre os 3.300 e os 3.700 m s. n. m. na Cordilleira Oriental. Atópase ao leste de Bogotá, ocupando territorios do Distrito Capital, e dos concellos de Chipaque, Ubaque, Choachí, Une e un pequeno fragmento de La Calera.

No seu territorio nacen os ríos Fucha, cuxo curso se atopa na sabana de Bogotá e Palmar, que baña o concello de Ubaque.

Contén un bosque secundario e afloramentos xeolóxicos de rochas sedimentarias do Cretáceo e do Terciario. Alberga unha gran variedade de paxaros e fentos. No seu territorio atópase así mesmo o Parque Ecolóxico Matarredonda. Presenta diferentes zonas húmidas interconectados.

A comezos do século XIX foi un dos territorios visitados na rexión polos naturalistas europeos Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland. miniatura|Cerro no páramo.

Conservación Malia que se trata dunha zona ecolóxica protexida, tanto a deforestación pola queima e talla como as actividades agrícolas e de gandaría ameazan con desertificalo. Do mesmo xeito, dende hai séculos extráese dos seus terreos material para a construción, o cal transformou a súa morfoloxía e afectou a súa biodiversidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Paramo.org "Complejo Cruz Verde - Sumapaz". Inclúe mapa en alta definición. Consultado en novembro de 2010. Eltiempo.com "Un páramo a secas". Consultado en novembro de 2010.

Categoría:Páramos de Colombia