A lingua maléku, tamén chamada malecu, guatuso, watuso-wétar e guetar, unha lingua falada polo pobo maléku de Costa Rica, pertencente á familia lingüística chibcha. O maléku é membro do subgrupo vótico da familia de linguas chibchas. O maléku, ou 'a fala da nosa xente', é considerada unha lingua severamente ameazada polo The Endangered Languages Project. De acordo co Censo Nacional de 2011, o 67,5% da poboación que vive no territorio do pobo maléku declarou que pode falar a lingua; porén, o estado de vitalidade varía dunhas vilas a outras e mesmo entre as familias (Sánchez 2011). En todo caso, seguindo os parámetros da UNESCO, a lingua pódese clasificar como definitivamente en perigo de extinción (Sánchez 2013). O maléku está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Sistema de escrita O alfabeto maléku foi proposto polo lingüista Adolfo Constenla, e foi adoptado como oficial pola Asesoría de Educación Indíxena do Ministerio de Educación Pública de Costa Rica.
Vogais Fonemagrafemaаaeeiioouu
Consoantes Fonemagrafemappttkc,qutʃchdʒyɸfssxjɬlhllɾrrrrmmnnŋnh
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas chibchas Categoría:Linguas de Costa Rica