O Heinkel He 111 foi o principal bombardeiro alemán da Luftwaffe durante os primeiros anos da segunda guerra mundial, destacando a súa participación na batalla de Inglaterra. Foi tamén un dos protagonistas da guerra civil española. Usouse en todas as frontes durante a contenda mundial e realizou tamén labores de guía de formacións (equipado con equipos de radio especiais) e ataques contra barcos.

Na guerra civil española enviouse un He 111B para a súa avaliación por parte da Lexión Cóndor, e a partir de febreiro de 1937 uns 50 He 111B-1/2 chegarían a España. A partir de marzo de 1938 enviaríanse outros 45 He 111E-1, con maior carga de bombas, e os He 111B-1/2 pasaron a mans dos nacionalistas.

Categoría:Aeronaves de Heinkel Categoría:Bombardeiros alemáns da segunda guerra mundial Categoría:Avións da guerra civil española Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1934