Tanya Roberts, nada no Bronx, Nova York, o 15 de outubro de 1949, con nome de nacemento Victoria Leigh Blum, e finada o 4 de xaneiro de 2021 foi unha actriz, produtora e modelo estadounidense de orixe inglesa e xudía. Apareceu en numerosos filmes e series de televisión.

Traxectoria Era coñecida polo seu papel de Julie Rogers na quinta e última tempada de Charlie's Angels (1980–81) e como Midge Pinciotti en That '70s Show (1998–2001). En 1983 interpretou á princesa galega IsabellaIsabella é princesa do reino medieval de Galiza, porén é descrita como filla dun rei sarraceno galego, cousa que nunca aconteceu. Ludovico Ariosto, creou un universo narrativo propio, mesturando nomes, lugares e tradicións diversas, sen adhesión estrita a datos históricos ou mitolóxicos; por exemplo menciona tamén a un rei Carlos de Inglaterra, cen anos antes do reinado de Carlos I de Inglaterra. no filme italiano de G. Battiato I paladini: storia d'armi e d'amori, Hearts and Armour, baseado na epopea Orlando Furioso. Interpretou a Sheena no filme homónimo de 1984, estreado na TVG como Sheena, a raíña da selva.

Foi unha Bond-girl en A View to a Kill. 007: Panorama para matar (1985).

Pasamento O 24 de decembro de 2020, Roberts esborrallouse de súpeto na súa casa dos Ánxeles. Foi hospitalizada en estado crítico no Centro Médico Cedars-Sinai e desenvolveu unha infección do tracto urinario e septicemia. Morreu o 4 de xaneiro de 2021 aos 71 anos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en 1949