Medio dólar do Tricentenario dos Peregrinos "½ Dollar Pilgrim Tercentenary". Numista.com"Pilgrim Tercentenary Half Dollar". United States Mint (USMint.gov)."1920-1921 Pilgrim Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com150x150px150x150pxA/: William Bradford, gobernador da colonia de Plymouth, coa Biblia na man. Marca de gravador (D). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / PILGRIM HALF DOLLAR.R/: O Mayflower, barco no que viaxaron os Pais Peregrinos, navegando cara ao Oeste. PILGRIM TERCENTENARY CELEBRATION / 1620 - 1920 Datas: 1920-1921. Ceca: Casa da Moeda de Filadelfia (sen marca). Gravador: Cyrus Edwin Dallin. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe: 1920: 152.112 pezas. / 1921: 20.053 pezas. Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Tricentenario dos Peregrinos ou medio dólar Peregrino é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con datas de 1920 e 1921. A moeda, deseñada por Cyrus Edwin Dallin, foi emitida en conmemoración do 300º aniversario do desembarco dos Peregrinos en Plymouth, Massachusetts.
O congresista de Massachusetts Joseph Walsh participou nos esforzos conxuntos federais e estatais para conmemorar o aniversario. Logo de ver unha referencia a unha proposta de medio dólar do Centenario de Maine, decatouse de que se podería emitir tamén unha moeda para o aniversario dos Peregrinos, en apoio das celebracións en Plymouth, Massachusetts. O proxecto avanzou axiña no seu proceso lexislativo e converteuse na Lei do 12 de maio de 1920.
O escultor James Earle Fraser criticou algúns aspectos do deseño desta moeda, mais o Tesouro aprobouno igualmente. Tras un comezo prometedor, as vendas decaeron e decenas de milleiros de pezas de cada un dos dous anos de emisión tiveron que ser devoltas á Ceca de Filadelfia para a súa fundición.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado Os Peregrinos eran cidadáns ingleses disidentes brownistas da Igrexa de Inglaterra que procuraban unha versión da relixión cristiá exenta de todo o considerado como non esencial, como os bispos ou o Nadal. Diferenciábanse dos Puritanos: os Peregrinos eran máis estritos e, no canto de trataren de reformar a Igrexa de Inglaterra desde dentro, buscaban separarse dela.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 44. Abandonaron Inglaterra rumbo aos Países Baixos porque, en 1608, o rei Xacobe I comezou a perseguilos. Entre os que fuxiron daquela estaba William Bradford.Flynn, K. (2008). Páxina 151.
As cousas puxéronse máis difíciles para os separatistas nos Países Baixos a finais da década de 1610, á medida que o Goberno neerlandés avanzaba cara á alianza con Inglaterra. Tiñan poucas oportunidades nos Países Baixos, xa que se vían limitados ao traballo manual pola negativa dos gremios a aceptalos, e temían que os seus fillos se arredasen da súa lingua e da súa relixión. Algúns investidores, encabezados polo londiniense Thomas Weston, acordaron financiar unha expedición a América do Norte, e enviouse o barco Speedwell a buscar os separatistas aos Países Baixos, que logo uniu ao Mayflower, máis grande, formando así unha expedición de dous barcos. Logo de transportar os separatistas, o Speedwell demostrou non estar en condicións de navegar. A listaxe de pasaxeiros do Mayflower estaba formada por algúns separatistas que foran aos Países Baixos e algúns que ficaran en Inglaterra, ademais doutros. Algúns aspirantes a pioneiros quedaron atrás por mor dos problemas co Speedwell. O Mayflower partiu de Plymouth, no suroeste de Inglaterra, o 6 de setembro de 1620, con 102 pasaxeiros e unha tripulación de 47 persoas.
miniatura|Selo estadounidense de 2 cents de 1920 conmemorativo do tricentenario da chegada do Mayflower en 1620. A expedición avistou o cabo Cod o 9 de novembro de 1620 e desembarcou no que hoxe é Provincetown, Massachusetts. Dous días despois, os homes asinaron o coñecido como Pacto do Mayflower, polo que todos acordaban someterse á vontade da maioría, un dos documentos fundacionais da democracia estadounidense. Ao ficaren sen provisións, non se dirixiron a Virxinia, senón que estableceron un asentamento na colonia de Plymouth, aínda que esperaban establecerse máis ao sur e estaban mal equipados para o inverno de Massachusetts. A metade morreu antes de que chegase a primavera. Había poucos nativos americanos na zona, mais en 1621, os colonos foron abordados por un grupo, entre eles dous, Samoset e Squanto, que falaban algo de inglés. Squanto ensinou aos Peregrinos métodos indíxenas para cultivar millo, unha planta autóctona do Novo Mundo coa que os emigrantes non estaban familiarizados. Estes coñecementos axudaron aos Peregrinos a establecérense pouco a pouco. A poboación dos Peregrinos creceu con relativa lentitude durante as primeiras xeracións en América e convertéronse nunha minoría entre os colonos da zona.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 44-45.
En 1691, a colonia de Plymouth pasou a formar parte da provincia da Baía de Massachusetts. A esposa de Bradford morrera mentres o barco se achaba no porto de Provincetown; despois de que o gobernador John Carver perecese durante o primeiro inverno, Bradford foi elixido no seu lugar, e exerceu o cargo durante 15 mandatos de dous anos. Guiou a colonia desde a economía comunal, necesaria ao principio, ata a privatización, aumentando enormemente a colleita no proceso. Os seus diarios publicáronse co título de Of Plymouth Plantation e constitúen a principal fonte de información sobre a vida cotiá dos Peregrinos.Flynn, K. (2008). Páxinas 151-152.
As moedas conmemorativas En 1920, o Goberno non comercializaba as moedas conmemorativas, senón que o Congreso, durante estes primeiros anos de emisións de moedas conmemorativas, adoitaba designar unha organización específica autorizada para as comprar na Casa da Moeda ao seu valor nominal e vendelas logo ao público cunha prima, como un modo de poder financiar causas altruístas.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vii.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5. No caso do medio dólar do Tricentenario dos Peregrinos, a lexislación que habilitaría a emisión non determinaba unha organización concreta,"Public, No . 203. An Act To authorize the coinage of 50-cent pieces in commtion of the three hundredth anniversary of the landing of the Pilgrims". Sixty-Sixth Congress. Sess . II. Chs . 181-183. Páxina 597. 12 de maio de 1920 mais foi a Comisión do Tricentenario dos Peregrinos a beneficiaria destes dereitos; os beneficios da moeda debían destinarse a financiar as celebracións na honra do tricentenario da chegada dos Peregrinos.Flynn, K. (2008). Páxina 152.
Lexislación miniatura|O representante republicano por Massachusetts Joseph Walsh, impulsor da creación da moeda."Jos. Walsh". Library of the Congress. O 23 de marzo de 1920, o republicano Joseph Walsh, de Massachusetts, presentou na Cámara de Representantes dos Estados Unidos o proxecto de lei (o H.R. 13227) para a creación dunha moeda de medio dólar do Tricentenario dos Peregrinos."H. R. 13227". Memorial Coins and Reduction of Weights of Silver Coinage. Committee on Coinage, Weights, and Measures. House of Representatives. Páxinas 4-9. 26 de marzo de 1920. O proxecto remitiuse á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas, presidida polo congresista de Indiana Albert Henry Vestal. Esa comisión abordou o proxecto de lei nunha sesión celebrada o 26 de marzo de 1920, conxuntamente con outra proposta para a cuñaxe dunha moeda de medio dólar do Centenario de Alabama, que foi o primeiro punto da orde do día. Despois de que a comisión votou a favor do proxecto de lei de Alabama, que prevía a cuñaxe de 100.000 moedas, procedeu a considerar a proposta dos Peregrinos. Vestal escribira dous días antes ao secretario do Tesouro, David F. Houston, e este respondeulle que, aínda que o seu departamento non se opuxera ao proxectos de lei para as emisións do medio dólar do Centenario de Maine —aprobado previamente pola comisión— e o de Alabama, ao Tesouro preocupáballe que a emisión dun gran número de deseños diferentes puidese alentar os defraudadores.(USHRCCWM). Páxinas 3-5.
Walsh compareceu e explicou á comisión que o Congreso autorizara previamente a creación dunha comisión que traballase coas autoridades estatais e locais na planificación das celebracións que ían ter lugar en decembro de 1920 con motivo do tricentenario do desembarco do Mayflower, e que ían ter lugar o verán seguinte. Aínda que os actos se celebrarían noutros lugares de Massachusetts, e mesmo fóra dese estado, a atención centraríase en Plymouth, e o embelecemento da zona arredor de Plymouth Rock sería un dos principais obxectivos. A comisión recomendara a emisión de selos postais conmemorativos, e tamén unha asignación federal, mais non foi ata que Walsh viu un informe da comisión para a peza do Centenario de Maine que figuraba nun documento da Cámara de Representantes cando se lle ocorreu a idea dunha moeda conmemorativa para o aniversario dos Peregrinos. Walsh lembrou que xa se fixera no pasado con motivo da Exposición Universal Colombiana de 1893, e William A. Ashbrook, de Ohio, comentou —erroneamente— que xa se emitira unha moeda con motivo da Exposición de Jamestown de 1907. Walsh afirmou que se pedían 500.000 exemplares, máis que os da moeda de Alabama, debido ao grande interese que suscitaba a celebración, e suxeriu que, para aumentar o interese rexional, as moedas se cuñasen en todas as cecas activas da Casa da Moeda dos EEUU (Filadelfia, Denver e San Francisco). Ashbrook considerou excesiva a tiraxe que se solicitaba, e suxeriu 300.000 como cantidade máis acaída, o cal foi aceptado por Walsh. Pola súa banda, William L. Nelson, de Missouri, propuxo que a comisión aprobase o proxecto de lei emendado, e así se fixo.(USHRCCWM). Páxinas 5-9. Vestal emitiu un informe en nome da súa comisión o 26 de marzo de 1920, no que se indicaba o apoio ao proxecto de lei logo das emendas."Reports od Committees on Public Bills and Resolutions". Congressional Record - House. Vol-LIX. Part 5. 26 de marzo de 1920. Páxina 4.905