A Saga dos volsungos, en nórdico antigo: Völsunga saga,Moosburger, Théo de Borba (2009) Sagas Islandesas - Saga dos Volsungos. Tradución do islandés antigo ao portugués. 1ª edición. São Paulo: Hedra. ISBN 978-85-7715-112-7 é unha saga lendaria islandesa do século XIII en forma de prosa, sobre a orixe, o ascenso e o declive do clan dos Volsungs (descendentes do rei Volsung), incluíndo a historia de Sigurd, o matador de dragóns, e os seus descendentes, e Brunhilda (Brynhildr) e a destrución dos burgundios."Siegfried" definition and meaning ; Collins English Dictionary (collinsdictionary.com)

A saga Volsunga é unha saga islandesa, escrita arredor de 1300, baseada na tradición xermánica. Os feitos reais que inspiraron a narración fantasiosa da saga ocorreron en Europa Central nos séculos V e VI, pero o único manuscrito medieval da obra que se conserva actualmente data de c. 1300. Crese que a versión en prosa da saga está baseada en poemas épicos escandinavos anteriores.

O poema épico alemán medieval Nibelungenlied ("Canción dos Nibelungos") está baseado nas mesmas historias antigas que a saga dos volsungos, que eran comúns a todas as terras xermánicas desde a primeira Idade Media. Nos Nibelungos, porén, a narración ten trazos de romance cortés.

J. R. R. Tolkien afirmou terse inspirado na mitoloxía nórdica para escribir O hobbit e O Señor dos Aneis, e escribiu dous poemas narrativos e textos relacionados agrupados en 2009 baixo o título The Legend of Sigurd and Gudrún.

Véxase tamén

Outros artigos Ciclo de Völsung Canción dos Nibelungos Epopea Poeta de guerra Sagas lendarias Sagas de islandeses Skaði Wulfingas Ligazóns externas

Texto da saga (en inglés) Historia de los Descendientes del rey Vǫlsungr (en castelán)

Categoría:Islandia Categoría:Manuscritos