Khaled Mohamad al-Asaad (en ), nado o 1 de xaneiro de 1932 en Palmira, e finado o 18 de agosto de 2015 ibídem, foi un arqueólogo sirio e xefe de antigüidades na antiga cidade de Palmira, un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ocupou este cargo durante máis de corenta anos. Al-Asaad foi decapitado publicamante polo Estado Islámico (ISIS) o 18 de agosto de 2015, con oitenta e tres anos de idade.

Traxectoria Al-Asaad naceu en 1932 en Palmira, onde pasou a maior parte da súa vida. Estoudo na Universidade de Damasco, onde obtivo un diploma en historia. Al-Asaad foi pai de seis fillos e cinco fillas, unha das cales foi chamada Zenobia na honra da coñecida raíña de Palmira.

Carreira arqueolóxica Durante a súa carreira, Al-Asaad dedicouse ás escavacións e restauración de Palmira. Converteuse no principal custodio do xacemento de Palmira en 1963, cargo que ocupou durante corenta anos. As súas propias expedicións centráronse nas murallas de Palmira que datan de finais do século III, e traballou con expedicións arqueolóxicas estadounidenses, polacas, alemás, francesas e suízas. O seu meirande logro foi a consideración de Palmira como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Tamén dominaba o arameo e traduciu regularmente textos ata 2011.

Dende 1974, Al-Asaad organizou exhibicións de antigüidades de Palmira.

Cando se retirou en 2003, o seu fillo Walid relevouno no seu traballo en Palmira. Os dous foron detidos polo ISIS en agosto de 2015. Walid sobreviviu.

Na política Crese que se uniu ao Partido Baaz Sirio por volta do ano 1954. Porén, non está claro se era un partidario activo do goberno sirio de Bashar al-Assad. Segundo The Economist, algúns afirmaron que era "un firme partidario" de Assad.

Morte miniatura|200px|dereita|Monumento a Khaled al-Asaad en Italia. En maio de 2015, Tadmur (a cidade moderna de Palmira) e a antiga cidade adxacente de Palmira quedaron baixo o control do Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS).

Al-Asaad axudou a evacuar o museo da cidade antes de que ISIS tomase o control, pero el mesmo foi capturado pola organización terrorista. Despois, ISIS torturou a Al-Asaad nun intento de descubrir a localización dos artefactos antigos que el axudou a ocultar. Foi asasinado en Tadmur o 18 de agosto de 2015 aos oitenta e tres anos.

The New York Times informou:

Tras a morte de al-Asaad, ISIS colgou no seu cadáver un cartel no que se enumeraban os seus supostos "crimes": ser un "apóstata", representar a Siria en conferencias "infieis", servindo como "o director da idolatría" de Palmira, visitando o "herexe Irán", e comunicándose "cun irmán dos servizos de seguridade sirios".

O seu cadáver foi exposto na nova sección de Palmira (Tadmur) e despois na sección antiga, cuxos tesouros xa demolira o ISIS.Islamic State militants behead archaeologist in Palmyra – Syrian official , Reuters, 18 de agosto de 2015.IS tötet früheren Chef-Archäologen von Palmyra, tagesschau.de, 19 de agosto de 2015.

En febreiro de 2021, fontes estatais sirias informaron do descubrimento do cadáver de al-Asaad no campo, a 10 km ao leste de Palmira.

Xunto con al-Asaad, Qassem Abdullah Yehya, o subdirector dos Laboratorios da DGAM, quen tamén protexeu o lugar de Palmira, foi asasinado polo ISIS mentres estaba de servizo o 12 de agosto de 2015. Tiña trinta e sete anos.

Obras escollidas ; 2nd edition 1990.

Asaad, Khaled; Yon, Jean-Baptiste (2001), Inscriptions de Palmyre. Promenades épigraphiques dans la ville antique de Palmyre (= Guides archéologiques de l'Institut Français d'Archéologie du Proche-Orient Bd. 3). Institut Français d'Archéologie du Proche-Orient, Beirut 2001; . Asaad, Khaled; Schmidt-Colinet, Andreas (eds) (2013), Palmyras Reichtum durch weltweiten Handel. Archäologische Untersuchungen im Bereich der hellenistischen Stadt. 2 vols. Holzhausen, Vienna 2013; , .

Notas

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Alumnos da Universidade de Damasco Categoría:Finados en 2015 Categoría:Arqueólogos de Siria Categoría:Nados en Siria