COINage é unha revista numismática estadounidense de tiraxe bimestral, con base en Ventura, California, destinada aos coleccionistas de moedas e aos investidores."COINage Media Guide". Coinagemag.com
Historia A revista creouse en 1964, inicialmente cunha periodicidade trimestral. Daquela a empresa que a publicaba era Behn-Miller Publications, con base en Dallas, Texas, unha compañía que era propiedade conxunta de Gordon Behn e do daquela director editorial de COINage, James L. Miller.Ganz. D. L. (2004). "Farewell, Dear Friend". En NLG Newsletter. Numismatic Literary Guild. Vol. 35. Nº 1. Páxinas 1-2. A partir do ano seguinte, 1965, pasou a publicarse quincenalmente, e entre 1996 e 2019 cambiou a súa periodicidade para pasar a publicarse mensualmente.
En outubro de 2019, cambiou novamente a súa periodicidade e converteuse nunha revista de tiraxe bimestral."Letters to Readers". En COINage. Outubro de 2019.
Paralelamente, a revista está tamén unha versión en Internet."Coinage". Coinagemag.com
Distribución A principal canle de distribución de COINage é o seu sitio web oficial. Con todo, tamén se pode comprar en comercios numismáticos e en librarías e quioscos especializados, e os seus subscritores poden adquirir tanto os números atrasados como os novos en sitios como Magzter.com ou Barnes & Noble."COINage Magazine". Magzter.com"COINage". Barnesandnoble.com Así mesmo, a revista dispón dun perfil en Facebook para conectar con lectores e posibles subscritores."COINage News". Facebook.com
Xunto con Coins, trátase duna das principais revistas numismáticas estadounidenses canto á súa difusión, cunha tiraxe de arredor de 100.000 exemplares en 2009.Travers, S. (2009). "Analyzing Collectors by Type". Usgoldexpert.com. 10 de outubro.
Recoñecementos COINage gañou en cinco categorías en 2016,"2016 Annual NLG Writers’ Awards". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). e en catro categorías en 2017, nos premios do Gremio Literario Numismático."Numismatic Literary Guild Announces Award Winners at 2017 ANA Show". En Coinweek.com. 8 de agosto de 2017.
Contido COINage céntrase principalmente nas moedas estadounidenses, aínda que tamén ten publicado artigos sobre papel moeda e sobre moedas non estadounidenses. Entre a variedade dos temas tratados están os seguintes:
Historia da numismática. Moedas cuñadas nos Estados Unidos, tanto de circulación ordinaria como conmemorativas. Mercado das moedas de investimento en metais preciosos. Lanzamentos da Casa da Moeda dos Estados Unidos e eventos próximos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web de COINage
Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América