Mario Losada Laguna, nado en Madrid o 13 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Alcoyano, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Naceu en Madrid, sendo fillo dun galego da provincia de Lugo, e formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano. En agosto de 2016 fichou polo Trival Valderas de Terceira División, co que xogou durante os seguintes dous anos, marcando no segundo deles 14 goles.
En xullo de 2018 foi contratado polo Alcorcón para xogar no seu filial, tamén en Terceira. O 1 de xuño de 2019 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido na casa ante o Gimnàstic de Tarragona, substituíndo na segunda parte a Borja Galán. Na tempada 2019/20 instalouse na Coruña para xogar co Fabril en Terceira, anotando 13 goles co equipo galego nun total de 26 partidos.
Despois de pasar polo Las Rozas e polo Zamora, en 2022 fichou polo Unionistas de Salamanca. Militou dous anos no club salmantino, co que disputou un total de 68 encontros, anotando 12 goles. En xullo de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Alcoyano, da mesma categoría.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Zamora CF Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Personalidades sen imaxes