miniatura|Retrato de Henri Rousseau. A arte naíf é unha corrente artística caracterizada pola candidez, a inxenuidade, a espontaniedade, o autodidactismo dos autores e as cores rechamantes e antinaturalistas. Os seus motivos acostuman a relacionarse coa vida campesiña, a vida familiar, os costumes e a relixión, representados sempre con grande imaxinación e vivacidade.

Historia O interese pola frescura e o lirismo, desenvolveuse primeiro en Francia a comezos do século XX, da man de artistas como o "aduaneiro" Henri Rousseau que influíu na pintura de Grandma Moses nos Estados Unidos e Alfred Wallis en Inglaterra.

O naíf propiamente dito adoita atoparse en certas pinturas populares ou folclóricas. Destas, as máis coñecidas durante o século XX producíronse en Haití e en Iugoslavia, mais os seus autores son descoñecidos ou practicamente descoñecidos. En Bulgaria Radi Nedelchev coñécese como o representante da arte naíf.

Na Arxentina, coetáneo ó francés Rousseau, Cándido López chegou a unha expresión formal moi próxima ó naíf aínda que ámbolos dous pintores xamais tiveron coñecementos das súas respectivas vidas e obras, e por ende non houbo ningún influxo mutuo. Por outra banda, Pilar Sala agregou a esa pintura inocente unha cota de picardía e ilusión.

En España o pintor Manuel Moral Mozas está considerado representante desta corrente.

Artistas naíf Século XVIII Edward Hicks (1780-1849) Justus DaLee (1793-1878)

Século XIX Denys Corbet (1826-1910) Nikola Obrasopissez (1827-1911) Ferdinand Cheval, coñecido como 'le facteur Cheval' (1836-1924) Cándido López (1840-1902) Henri Rousseau (1844-1910) Alfred Wallis (1855-1942) Anna Mary Robertson, coñecida como Grandma Moses (1860-1961) Louis Vivin (1861-1936) Niko Pirosmani (1862-1918) Séraphine Louis, coñecida como 'Séraphine de Senlis' (1864-1942) André Bauchant (1873-1958) Camille Bombois (1883-1970) L. S. Lowry (1887-1976) Horace Pippin (1888-1946) Henry Darger (1892-1973) Nykifor (1895-1968) Miguel García Vivancos (1895-1972) Jules Lefranc (1887-1972) Teofil Ociepka (1891-1978) Shalom Moskovitz, coñecido como 'Shalom of Z’fat' (1895-1980) Antonio Ligabue (1899-1965) Ilija Bašičević Bosilj (1895-1972)

Século XX Janko Brašić (1906-1994) Nina Barka (Marie Smirsky) (1908-1986) Franjo Mraz (1910-1981) Władysław Rząb (1910-1992) Ivan Generalić (1914-1992) Howard Finster (1916-2001) Markey Robinson (1918-1999) Ivan Rabuzin (1921-2008) Ferenc Kalmar (1928-2013) Antonio Ligabue (1899-1965) Chaibia Talal (1929-2004) George Fredericks (1929) Bryan Pearce (1929-2007) Ivan Lacković Croata (1932-2004) Katya Medvedeva (1937) Radi Nedelchev (1938) Mario Perez (1943) Derold Page (1947) Claudia Vecchiarelli (1978-2009) Pilar Sala Tito Lucaveche (1942) Dragutin Aleksić (1947-2011) Mile Davidović (1958) Franjo Filipović (1930) Ilija Filipović Dragan Gaži (1930-1983) Josip Generalić (1935–2004) Dušan Jevtović (1925-2011) Franjo Klopotan (1938) Jan Martens (1943) Milan Rašić (1939) Jeshayahu Scheinfeld (1909-1979) Sava Sekulić (1902-1989) Milan Stanisavljević Ivan Večenaj (1920-2013) Bogosav Živković (1920-2005)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Information about Anatole Jakovsky, Art critic/patron Museo Internacional de Arte Naïf de Brazil Le Musée International d'Art Naïf, Magog (Montreal) Croatian National Museum of Naive Art, Zagreb Le Musée International d’Art Naïf Anatole Jakovsky, Nice Musée d'Art Naïf Max Fourny, Halles St-Pierre, París International Museum of Naive Art, Vicq (preto de Versailles) Museum of Naive Art, Beraut (preto de Toulouse) Museum Charlotte Zander, Bönnigheim Gesellschaft für Naive Kunst, Hannover Gallery of International Naïve Art (gina), Tel Aviv Museo Nazionale delle Arti Naïves "Cesare Zavattini", Luzzara Arte naif "Claudia Vecchiarelli", Sinalunga Gallery of Japanese Naïve Art Galerie d'Art Naif, Krakow Museu De Arte Primitiva Moderna Municipal Museum of Art Naive, Moscova Museum of Naive Art, Jagodina Anthony Petullo Collection of Self-Taught & Outsider Art Ten Dreams Galleries