Manuela León Guamán, nada en Punín en 1844 e finada en Riobamba o 8 de xaneiro de 1872, foi unha muller libertaria inxídena ecuatoriana que participou como líder na sublevación do pobo indíxena. Foi proclamada no 2010 unha heroína pola Asemblea Nacional de Ecuador.
Traxectoria Naceu na comunidade de San Francisco de Macshi, hoxe coñecida como Cachatón San Francisco (Hatun Kacha), filla de Hermenegildo León e de María Guamán, inscribiuse o seu nacemento en Punín, parroquia de Riobamba, en 1844.
No ano 1871, cando as accións dun grupo numeroso de indíxenas pretendía recuperar o que antes chamaban o Imperio Inca, Manuela León liderou as tropas indíxenas con Fernando Daquilema como rei proclamado.
Os ideais de Manuela León levárona a encabezar accións en defensa dos dereitos igualitarios para o seu pobo e deter o abuso e a opresión que proviña do goberno de Gabriel García Moreno e a enfrontarse cara a cara contra os comandantes do bando inimigo.
Foi fusilada polos seus actos o 8 de xaneiro de 1872. Cóntase que ao preguntar o pelotón de fusilamento se tiña algo que dicir, ela respondeu «Manapi», é dicir, «nada» na lingua kichwa.
Recoñecementos Unha rúa na cidade de Quito leva o seu nome. Foi proclamada heroína polo estado ecuatoriano, no ano 2010. En Guayaquil existe un centro educativo comunitario intercultural bilingüe fiscal que, na súa honra, leva o seu nome.
Notas
Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1872 Categoría:Rebeldes Categoría:Fusilados Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua Categoría:Activistas de Ecuador Categoría:Indixenistas de América Categoría:Mulleres líderes indíxenas Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas