San Xoán de Salcedo é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o INE, en 2025 tiña 136 habitantes (71 homes e 65 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 168 habitantes.
Limita coas parroquias de Lamaigrexa e Parada dos Montes ao norte, Lamaigrexa e Castroncelos polo oeste, Vilamor ao leste, e Barxa de Lor e Vilar de Lor ao sur.
Xentilicio O seu xentilicio é salcedao.
Patrimonio artístico Ten igrexa parroquial da segunda metade do s. XVIII, fortemente reformada posteriormente. Ten unha torre cadrada, acaroada a un dos laterais da nave, cun fornelo que contén a imaxe de Santiago Peregrino.
Festividades Ten moita importancia o entroido de Salcedo, co popular Oso de Salcedo.
Lugares e parroquias Lugares de Salcedo
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas www.ensalcedo.org
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán